Curso "Fai o teu propio satélite"

Abrir

Gustaríache aprender a facer o teu propio satélite? Entón este curso interésache!

Abriuse o prazo de inscrición para o curso “Fai ou teu propio satélite”, onde poderás adquirir unha visión integral sobre a estrutura e funcionamento dos sistemas espaciais.

Desde a posta a piques dunha estación terrea ata o deseño de circuítos PCB ou a implementación de código sobre hardware real, todo iso serán actividades prácticas que verás da man de contidos teóricos que che axudarán a entender os desafíos e beneficios dunha misión espacial.

Tamén se explorará un dos estándares máis utilizados hoxe en día: o estándar CubeSat, un formato de pequeno satélite que fai un espazo cada vez máis accesible.

O curso impartirase entre o luns 2 e venres 6 de setembro na Escola de Enxeñería de Telecomunicación, na Universidade de Vigo. As inscricións estarán abertas ata o 1 de agosto, pero lembra que as prazas son limitadas, así que… Non perdas a túa oportunidade!

Toda a información do curso pódela atopar no seguinte link: https://uvigospacelab.space/curso-fai-o-teu-propio-satelite-24