Ao conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes que se adquiren e desenvolven durante os estudos, tamén lles chamamos resultados de aprendizaxe.

Os graduados e graduadas en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo adquiren os resultados de aprendizaxe indicados na Orde CIN/352/2009, do 9 de febreiro, que establece os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para a profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación.

Para a obtención do título, hai que completar só un dos catro módulos tecnolóxicos incluídos no Grao proposto. Desta forma, os resultados de aprendizaxe RA21 a R47 non serán adquiridos pola totalidade do alumnado:

  • Quen siga a tecnoloxía de Sistemas de Telecomunicación adquirirán os resultados de aprendizaxe RA21 a RA26.
  • Se son de Sistemas Electrónicos, RA39 a RA47.
  • Se de Telemática, RA27 a RA33.
  • E quen sexa de Son e Imaxe, do RA34 ao RA38.

Resultados de aprendizaxe

Resultados de aprendizaxe

RA01-HAB01Resolver os problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñaría. Aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e derivadas parciais; métodos numéricos; algoritmia numérica; estatística e optimización.
RA02-HAB02Programar ordenadores e manexar sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación na enxeñaría.
RA03-HAB03Comprender e dominar os conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría.
RA04-CON01Comprender e dominar os conceptos básicos de sistemas lineais e as funcións e transformadas relacionadas, teoría de circuítos eléctricos, circuítos electrónicos, principio físico dos semiconductores e familias lóxicas, dispositivos electrónicos e fotónicos, tecnoloxía de materiais e a súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría.
RA05-CON02Coñecer adecuadamente o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
RA06-COMP01Demostrar autonomía para aprender novos coñecementos e técnicas adecuadas para a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas e servizos de telecomunicación.
RA07-HAB04Utilizar aplicacións de comunicación e informáticas (ofimática, bases de datos, cálculo avanzado, xestión de proxectos, visualización, etc.) e apoiar o desenvolvemento e explotación de redes, servizos e aplicacións de telecomunicación e electrónica.
RA08-HAB05Utilizar ferramentas informáticas de busca de recursos bibliográficos ou de información relacionada coas telecomunicacións e a electrónica.
RA09-HAB06Analizar e especificar os parámetros fundamentais dun sistema de comunicacións.
RA10-COMP02Avaliar as vantaxes e inconvenientes de diferentes alternativas tecnolóxicas de despregamento ou implementación de sistemas de comunicacións, desde o punto de vista do espazo do sinal, as perturbacións e o ruído e os sistemas de modulación analóxica e dixital.
RA11-COMP03Concibir, despregar, organizar e xestionar redes, sistemas, servizos e infraestruturas de telecomunicación en contextos residenciais (fogares, cidades e comunidades dixitais), empresariais ou institucionais responsabilizándose da súa posta en marcha e mellora continua, así como coñecer o seu impacto económico e social.
RA12-HAB07Coñecer e facer uso dos fundamentos da programación en redes, sistemas e servizos de telecomunicación.
RA13-CON03Comprender os mecanismos de propagación e transmisión de ondas electromagnéticas e acústicas, e coñecer os seus correspondentes dispositivos emisores e receptores.
RA14-HAB08Analizar e deseñar circuítos combinacionais e secuenciais, síncronos e asíncronos, e utilizar microprocesadores e circuítos integrados.
RA15-HAB09Coñecer e aplicar os fundamentos das linguaxes de descrición de dispositivos hardware.
RA16-HAB10Traballar con distintas fontes de enerxía, especialmente a solar fotovoltaica e térmica, e aplicar os fundamentos da electrotecnia e da electrónica de potencia.
RA17-HAB11Coñecer e utilizar os conceptos de arquitectura de rede, protocolos e interfaces de comunicacións.
RA18-CON04Coñecer e diferenciar os conceptos de redes de acceso e transporte, redes de conmutación de circuítos e de paquetes, redes fixas e móbiles, así como os sistemas e aplicacións de rede distribuídos, servizos de voz, datos, audio, vídeo e servizos interactivos e multimedia.
RA19-CON05Coñecer os métodos de interconexión de redes e encaminamento, así como os fundamentos da planificación e dimensionado de redes en función de parámetros de tráfico.
RA20-CON06Coñecer a normativa e a regulación das telecomunicacións nos ámbitos nacional, europeo e internacional.
RA21-HAB12Construír, explotar e xestionar as redes, servizos, procesos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos sistemas de transmisión.
RA22-HAB13Aplicar as técnicas en que se basean as redes, servizos e aplicacións de telecomunicación tanto en contornas fixas como móbiles, persoais, locais ou a gran distancia, con diferentes anchos de banda, incluíndo telefonía, radiodifusión, televisión e datos, desde o punto de vista dos sistemas de transmisión.
RA23-HAB14Analizar compoñentes e as súas especificacións para sistemas de comunicacións guiadas e non guiadas.
RA24-COMP04Seleccionar circuítos, subsistemas e sistemas de radiofrecuencia, microondas, radiodifusión, radioenlaces e radiodeterminación.
RA25-COMP05Ser capaz de seleccionar antenas, equipos e sistemas de transmisión, propagación de ondas guiadas e non guiadas, por medios electromagnéticos, de radiofrecuencia ou ópticos e de xestionar o espazo radioeléctrico e a asignación de frecuencias.
RA26-HAB15Analizar, codificar, procesar e transmitir información multimedia empregando técnicas de procesado analóxico e dixital de sinal.
RA27-HAB16Construír, explotar e xestionar as redes, servizos, procesos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos servizos telemáticos.
RA28-HAB17Aplicar as técnicas en que se basean as redes, servizos e aplicacións telemáticas, tales como sistemas de xestión, sinalización e conmutación, encamiñamento e enrutamento, seguridade (protocolos criptográficos, tunelado, cortalumes, mecanismos de cobranza, de autenticación e de protección de contidos), enxeñería de tráfico (teoría de grafos, teoría de colas e teletráfico) tarificación e fiabilidade e calidade de servizo, tanto en contornas fixas, móbiles, persoais, locais ou a gran distancia, con diferentes anchos de banda, incluíndo telefonía e datos.
RA29-HAB18Construír, explotar e xestionar servizos telemáticos utilizando ferramentas analíticas de planificación, de dimensionado e de análise.
RA30-HAB19Describir, programar, validar e optimizar protocolos e interfaces de comunicación nos diferentes niveis dunha arquitectura de redes.
RA31-HAB20Realizar seguimento dos progresos tecnolóxicos de transmisión, conmutación e proceso para mellorar as redes e servizos telemáticos.
RA32-COMP06Deseñar arquitecturas de redes e servizos telemáticos.
RA33-HAB21Programar servizos e aplicacións telemáticas, en rede e distribuídas.
RA34-HAB22Construír, explotar e xestionar servizos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, tratamento analóxico e dixital, codificación, transporte, representación, procesado, almacenamento, reprodución, xestión e presentación de servizos audiovisuais e información multimedia.
RA35-COMP07Analizar, especificar, realizar e manter sistemas, equipos, cabeceiras e instalacións de televisión, audio e vídeo, tanto en contornas fixas como móbiles.
RA36-HAB23Realizar proxectos de locais e instalacións destinados á produción e gravación de sinais de audio e vídeo.
RA37-HAB24Realizar proxectos de enxeñería acústica sobre: illamento e acondicionamento acústico de locais; instalacións de megafonía; especificación, análise e selección de transductores electroacústicos; sistemas de medida, análise e control de ruído e vibracións; acústica ambiental; sistemas de acústica submarina.
RA38-COMP08Crear, codificar, xestionar, difundir e distribuír contidos multimedia, atendendo a criterios de usabilidade e accesibilidade dos servizos audiovisuais, de difusión e interactivos.
RA39-HAB25Construír, explotar e xestionar sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos sistemas electrónicos.
RA40-COMP09Seleccionar circuítos e dispositivos electrónicos especializados para a transmisión, o encamiñamento ou enrutamento e os terminais, tanto en contornas fixas como móbiles.
RA41-HAB26Realizar a especificación, implementación, documentación e posta a punto de equipos e sistemas, electrónicos, de instrumentación e de control, considerando tanto os aspectos técnicos como as normativas reguladoras correspondentes.
RA42-HAB27Aplicar a electrónica como tecnoloxía de soporte noutros campos e actividades, e non só no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
RA43-COMP10Deseñar circuítos de electrónica analóxica e dixital, de conversión analóxico-dixital e dixital-analóxica, de radiofrecuencia, de alimentación e conversión de enerxía eléctrica para aplicacións de telecomunicación e computación.
RA44-HAB28Comprender e utilizar a teoría da realimentación e os sistemas electrónicos de control.
RA45-COMP11Deseñar dispositivos de interface, captura de datos e almacenamento, e terminais para servizos e sistemas de telecomunicación.
RA46-HAB29Especificar e utilizar instrumentación electrónica e sistemas de medida.
RA47-HAB30Analizar e solucionar os problemas de interferencias e compatibilidade electromagnética.
RA48-CON07Coñecer as técnicas adecuadas para o desenvolvemento e a explotación de subsistemas de procesado de sinal.
RA49-HAB31Analizar esquemas de procesado dixital de sinais.
RA50-HAB32Desenvolver, interpretar e depurar programas utilizando os conceptos básicos da Programación Orientada a Obxectos (POO): clases e obxectos, encapsulación, relacións entre clases e obxectos, e herdanza.
RA51-HAB33Abordar a aplicación básica das fases de análise, deseño, implementación e depuración de programas na POO.
RA52-HAB34Manexar ferramentas CASE (editores, depuradores).
RA53-HAB35Desenvolver programas atendendo aos principios básicos de calidade da enxeñería do software, tendo en conta as principais fontes existentes en normas, estándares e especificacións.
RA54-HAB36Ser capaz de utilizar a IA Xenerativa de forma ética, crítica e responsable.
RA55-CON08Coñecer as limitacións, riscos e implicacións do uso da IA Xenerativa.
RA56-COMP12Elaborar propostas de proxectos técnicos conforme aos requirimentos especificados nunha convocatoria.
RA57-COMP13Liderar a dirección técnica dun proxecto de telecomunicación.
RA58-COMP14Dirixir a xestión económica e de recursos humanos dun proxecto de telecomunicación.
RA59-HAB37Elaborar informes técnicos e de seguimento dun proxecto de telecomunicación.
RA60-COMP15Deseñar o hardware e o software de sistemas baseados en microcontroladores.
RA61-HAB38Ser capaz de utilizar ferramentas software de simulación de microcontroladores.
RA62-COMP16Deseñar circuítos baseados en dispositivos optoelectrónicos para a súa utilización en sistemas de telecomunicación.
RA63-HAB39Adquirir, acondicionar e procesar a información obtida a partir de sensores optoelectrónicos.
RA64-COMP17Deseñar e sintetizar sistemas dixitais complexos por medio de linguaxes de descrición de hardware.
RA65-HAB40Aplicar as ferramentas conceptuais, teóricas e prácticas das telecomunicacións no desenvolvemento e aplicacións de sistemas de radar e teledetección.
RA66-COMP18Seleccionar circuítos, subsistemas e sistemas de observación remota.
RA67-HAB41Aplicar as ferramentas conceptuais, teóricas e prácticas das telecomunicacións no desenvolvemento e aplicacións de sistemas de navegación e comunicacións por satélite.
RA68-COMP19Seleccionar subsistemas e sistemas de navegación e comunicacións por satélite.
RA69-HAB42Implementar esquemas de procesado dixital de sinais en dispositivos programables.
RA70-HAB43Interactuar con sinais de radio dixitalmente.
RA71-CON09Coñecer elementos e técnicas en enxeñería biomédica e a súa aplicación na solución de problemas asociados ao diagnóstico, monitorización e terapia.
RA72-COMP20Construír, explotar e xestionar sistemas de xeración de imaxe e vídeo sintético e aplicacións multimedia interactivas.
RA73-HAB44Aplicar métodos numéricos á resolución de problemas acústicos.
RA74-HAB45Identificar problemas de ruído industrial e deseñar solucións de control a medida.
RA75-CON10Comprender as esixencias específicas que suscitan os sistemas integrados con fortes restricións de tempo real.
RA76-COMP21Deseñar dispositivos IoT seleccionando os sensores/actuadores máis adecuados para cada uso.
RA77-HAB46Desenvolver a arquitectura necesaria para garantir a interoperabilidade dos dispositivos IoT.
RA78-HAB47Construír redes e definir protocolos que permitan a comunicación entre dispositivos IoT.
RA79-CON11Comprender o desenvolvemento actual dos servizos e aplicacións móbiles e ubicuos, así como a evolución do mercado.
RA80-COMP22Deseñar e despregar sistemas de procesado de datos a gran escala.
RA81-COMP23Realizar un exercicio orixinal individualmente consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería de Telecomunicación de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos. Presentalo e defendelo ante un tribunal universitario.
RAT01-COMP24Desenvolver a autonomía suficiente para levar a cabo traballos do ámbito temático das Telecomunicacións en contextos interdesciplinares.
RAT02-COMP25Concibir a Enxeñería nun marco de desenvolvemento sostible.
RAT03-COMP26Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua de calidade, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade etc.
RAT04-COMP27Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais.
RAT05-HAB48Ser capaz de comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
RAG01-COMP28Ser capaz de redactar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñería de telecomunicación que teñan por obxecto a concepción e desenvolver ou explotar redes, servizos e aplicacións de telecomunicación e electrónica.
RAG02-COMP29Coñecer, comprender e ser capaz de aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación e mostrar facilidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
RAG03-CON12Coñecer materias básicas e tecnoloxías que capaciten ao alumnado para a aprendizaxe de novos métodos e tecnoloxías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
RAG04-COMP30Resolver problemas con iniciativa, para a toma de decisións, a creatividade, e para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación.
RAG05-CON13Coñecer os métodos necesarios para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaciones, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos o seu ámbito específico da telecomunicación.
RAG06-HAB49Manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
RAG07-COMP31Analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
RAG08-HAB50Coñecer e aplicar elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como de lexislación, regulación e normalización nas telecomunicacións.
RAG09-COMP32Traballar nun grupo multidisciplinar e nunha contorna multilingüe e ser capaz de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coas telecomunicacións e a electrónica
RAG10-COMP33Realizar lectura crítica de documentos científicos.
RAG11-COMP34Saber aproximarse a un problema novo abordando primeiro o esencial e despois o accesorio ou secundario.
RAG12-COMP35Dispoñer da capacidade de discusión sobre cuestións técnicas.
RAG13-HAB51Manexar ferramentas software que apoien a resolución de problemas en enxeñería.
RAG14-HAB52Utilizar ferramentas informáticas de procura de recursos bibliográficos ou de información.