A titulación conta con máis dun 50% de formación práctica, entre laboratorio e traballos en equipo. Á parte da formación tecnolóxica, trabállase a xestión proxectos e outras competencias transversais.
As materias distribúense en catro cursos académicos, coas seguintes liñas xerais:
- As materias (todas elas menos dúas) configúranse cunha duración de 6 ECTS, agrupadas en materias e módulos.
- Cada cuadrimestre, a excepción do último (segundo cuadrimetre do cuarto curso académico), consta de 5 materias.
- O módulo de Formación Básica (FB), de 10 materias (60 ECTS), proporciona ao alumno as competencias básicas expresadas na Orde CIN/352/2009, e desenvólvese practicamente completo no primeiro curso académico, quedando dúas materias no primeiro cuadrimestre do segundo curso.
- O módulo de formación obrigatoria ou módulo de Telecomunicación (TE), de 15 materias (90 ECTS), desenvólvese maioritariamente no segundo e terceiro cursos, con dúas materias no primeiro curso. Neste módulo o/a estudante adquire as competencias denominadas comúns de Telecomunicación na Orde CIN/352/2009, reforzadas por catro materias obrigatorias adicionais.
- A metade do terceiro curso e a maior parte do primeiro cuadrimestre do cuarto curso dedícase aos módulos de Perfil Tecnolóxico ou especialidades. O/a estudante debe optar por un dos catro módulos propostos. Cada un deles consta de 8 materias (48 ECTS) e desenvolve unha das tecnoloxías asociadas á profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación: Telemática (TEL), Sistemas Electrónicos (SE), Sistemas de Telecomunicación (ST), e Son e Imaxe (SI).
- Entre os dous cuadrimestres do cuarto curso os/as estudantes deben cursar 18 ECTSs en total en optatividade entre unha oferta que consiste en:
- As materias optativas.
- O conxunto formado polas materias obrigatorias de mención das mencións que non cursou.
- As prácticas en empresas, que teñen tamén a consideración de optativas e que poden supoñer a convalidación de 6 ECTS.
- Recoñecemento de créditos: a Universidade de Vigo recoñece ata 12 ECTS por idiomas aprendidos durante a etapa universitaria ou por distintos labores sociais, deportivos ou culturais.
- Mobilidade: Os créditos cursados noutras Universidades como resultado da mobilidade serán recoñecidos por optativos segundo decida a Comisión Académica e incorporados ao expediente do/a estudante. Para iso, incorpóranse tres materias de 6 ECTS cada unha, chamadas Movilidad I a III.
- Finalmente, no último cuadrimestre da titulación, ademais dunha materia optativa, cúrsanse dous módulos: módulo de xestión de proxectos (12 ECTS) e o módulo do Traballo Fin de Grao (12 ECTS).
Formación básica
(60 ECTS)
Formación obrigatoria
(102 ECTS)
Mención en Sistemas de Telecomunicacións
(48 ECTS)
Mención en Sistemas Electrónicos
(48 ECTS)
Mención en Telemática
(48 ECTS)
Mención en
Son e Imaxe
(48 ECTS)
Optatividade
(18 ECTS)
Traballo de Fin de Grao
(12 ECTS)
Esta distribución de ECTS obrigatorios, obrigatorios de mención/tecnoloxía, e optativos, vese reflectida no seguinte cadro, en termos de materias e temporalidade.
Curso 1º
CUADRIMESTRE 1 | CUADRIMESTRE 2 |
---|---|
Cálculo I | Cálculo II |
Álxebra Lineal | Probabilidade e Estatística |
Física Xeral para Telecomunicación | Análise de Circuitos Lineais |
Arquitectura de Ordenadores | Procesado de Sinais I |
Fundamentos de Empresa | Programación I |
Curso 2º
CUADRIMESTRE 1 | CUADRIMESTRE 2 |
---|---|
Fundamentos de Electrónica | Tecnoloxía Electrónica |
Campos e ondas | Transmisión electromagnética |
Programación II | Electrónica Dixital |
Comunicación de Datos | Fundamentos de Son e Imaxe |
Procesado de Sinais II | Redes de computadores |
Curso 3º
CUADRIMESTRE 1 | CUADRIMESTRE 2 |
---|---|
Técnicas de Transmisión e Recepción de Sinais | Sistemas sen Fíos |
Fundamentos de Intelixencia Artificial | Mención 2 |
Fundamentos Tecnolóxicos das aplicacións web | Mención 3 |
Circuítos electrónicos programables | Mención 4 |
Mención 1 | Mención 5 |
Curso 4º
CUADRIMESTRE 1 | CUADRIMESTRE 2 |
---|---|
Mención 6 | Optatividade 3 |
Mención 7 | Laboratorio de Proxectos |
Mención 8 | Traballo Fin de Grao |
Optatividade 1 | |
Optatividade 2 |
Todas as materias teñen unha duración de 6 ECTS, excepto o Laboratorio de Proxectos e o Traballo Fin de Grao, que teñen 12 ECTS.