Competición nacional

3 dos 8 premios nacionais por equipos foron para equipos clasificados en Teleco-Vigo

O día 29 de xuño de 2023 tivo lugar en formato online o acto de entrega de premios da competición nacional das Olimpíadas. O evento estivo organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT) e a Asociación Española de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (AEGITT), xunto coa Conferencia de Directores de Escuelas con Grados de Ingeniería en el Ámbito de Telecomunicación (CODIGAT), que aglutina a unha vintena de escolas universitarias como patrocinadoras e colaboradoras.

Nesta última fase das Olimpíadas os equipos presentaron e defenderon os seus proxectos ante un tribunal formado por docentes universitarios. O xurado destacou a creatividade e innovación dos proxectos presentados por cerca dun millar de estudantes inscritos.

Entre os proxectos galardoados os participantes idearon e desenvolveron proxectos innovadores como coches eléctricos que recompilan datos para controlar a contaminación; un sistema de rego automático que mide a temperatura, humidade e chuvia; un control intelixente para tanques de tormentas; e dispositivos de teleasistencia asequibles.

A competición foi todo un éxito cumprindo con creces os seus propósitos.

Tres dos equipos galardoados nesta fase final foron galegos e clasificáranse na fase local que acolleu a EET:

  • Na categoría de equipos de ESO:
    • Premio ‘Proposta máis orixinal’ para o equipo do CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela: Carlota Fontela Cortizo, Laura Souto Bravo. Docente: Elena Poncela
    • Premio ‘Proposta máis aliñada co ODS 11’ para o  equipo do IES Primeiro de Marzo – Baiona (Pontevedra): Coral Vázquez Sinde, Juan Martínez Rodríguez, Jaime Domínguez Trapero, Artai Suárez Pérez, Ana Gómez Cima. Docente: Maria Loureiro
  • Na categoría de FP:
    • Premio ‘Proposta máis orixinal’ para o equipo do  CIFP A Farixa – Ourense : Óscar Gallardo Otero, Álex Gómez Carballido, Paola Virginia Pérez Franco, Manuel Rodríguez Otero, Damián Cuquejo Fidalgo. Docente: Ricardo Ameijeiras

Parabéns a todos os participantes e premiados!

Premiados

Resultaron gañadores na categoría de equipos de ESO:

  1. Mellor proposta técnica: IES Alqaceres – Cáceres (Daniel García Carretero, Rubén Gutiérrez Barroso, Maram Hadj Cherif. Docente: Carmen Sánchez-Seco)
  2. Proposta máis orixinal: CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela (Carlota Fontela Cortizo, Laura Souto Bravo. Docente: Elena Poncela)
  3. Proposta máis aliñada co ODS 11: IES Primeiro de Marzo – Baiona, Pontevedra (Coral Vázquez Sinde, Juan Martínez Rodríguez, Jaime Domínguez Trapero, Artai Suárez Pérez, Ana Gómez Cima. Docente: Maria Loureiro)
  4. Mellor comunicación e exposición do traballo: IES Valentín Turienzo – Colindres, Cantabria (Maialen Delgado Martín, Íñigo Díez Sarabia, Jon Moisés Reguero García, Diego Lombera Bustillo, Darío Santiuste Andechega. Docente: Miriam Guerra)

Na categoría de equipos de FP, os gañadores foron:

  1. Mellor proposta técnica: Comenius Centre Educatiu – Valencia (Héctor Navarro Domínguez, Sergio Martínez Egido, Elias Torregrosa Navarro, Vito Bossio Lamarca, Miguel Aparicio Clemente. Docentes: Ricardo Ortega, Fran Castaño)
  2. Proposta máis orixinal: CIFP A Farixa – Ourense (Óscar Gallardo Otero, Álex Gómez Carballido, Paola Virginia Pérez Franco, Manuel Rodríguez Otero, Damián Cuquejo Fidalgo. Docente: Ricardo Ameijeiras)
  3. Proposta máis aliñada co ODS 11: IES Valle del Jerte – Plasencia, Cáceres (Alejandro López Cárcel, Moisés Muñoz Sánchez, Eduardo Neila Calzado. Docente: Fréderic Sánchez)
  4. Mellor comunicación e exposición do traballo: IES Vega de San Mateo – Vega de San Mateo, Las Palmas (Nelson Francisco Vega Cabrera, María Teresa Van Geldorp López. Docente: Javier Gutiérrez, Daniel Diego)

E, na categoría individual para estudantado de bacharelato:

  1. Néstor Cordero Sánchez (IES Ramiro de Maetzu – Madrid. Docente: Silvia Jiménez)
  2. Sebastián de la Torre Gil-Delgado (Nuestra Señora de la Victoria – Maristas, Málaga. Docente: Pablo Bayo)
  3. Domingo Pujante López de Ochoa (IES Miguel de Cervantes – Murcia. Docente: Mónica Jódar)

Tes dúbidas?

Podes resolvelas en:

Entidades patrocinadoras da competición clasificatoria na UVIGO