O Plan de Acción Titorial (PAT-ANEAE) da EET consta de dous programas: integraTE, para a acollida e integración do estudiantado de primeiro curso, e orientaTE, para complementar os estudos universitarios con actividades formativas complementarias. Tamén cubre a atención a estudantes con necesidades específicas e apoio educativo (PIUNE).
OrientaTE ofrece obradoiros, charlas, visitas a empresas, formación en competencias transversais etc. Xunto co integraTE, os dous programas poden axudar ao alumnado do centro a orientarse cara a actividade profesional.
Calendario de actividades para o curso 2023/24.
O calendario tentativo de xuntanzas do programa integraTE para o curso 2023-24 é o seguinte (calqueira modificación será notificada a través desta páxina e de Moovi):
- Primeiro cuadrimestre:
- Luns 11 de setembro
- Acto de Acollida
- Coñece a Escola
- Martes 12 de setembro
- Obradoiro de xestión do tempo e técnicas de estudo
- Xoves 14 de setembro
- Fortalezas de carácter e motivación
- Data por determinar de outubro
- Intelixencia emocional, autocoñecemento, xestión emocional
- Luns 11 de setembro
- Segundo cuadrimestre:
- Primeira semana
- Autoestima, relacións e comunicación
- Febreiro
- Traballo en equipo e liderado
- Abril
- Peche
- Primeira semana
Para o curso 2021-22 temos programadas unha serie de actividades dentro do programa orientaTE: