A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, seguindo as recomendacións das institucións competentes, establece unhas medidas de prevención e control que garanten a seguridade da comunidade do centro. Son de aplicación a todo o persoal traballador así como ao estudantado da Escola.
Medidas de protección (abril 2022)
- Mantense a obrigatoriedade do uso da máscara nos ascensores.
- Mantense a obrigatoriedade do uso da máscara no caso de traballadoras ou traballadores da Escola en postos de atención ó público, no momento da atención (conserxería, etc).
- Mantense a obrigatoriedade de apertura das ventás (nas aulas, laboratorios e corredores) e a porta das clases e laboratorios como mínimo 10 minutos cada hora, para garantir a ventilación dos espazos.
- Recoméndase especialmente o uso de máscara, nos seguintes casos:
- Laboratorios e talleres
- Biblioteca e salas de lectura.
- Auditorios (Salón de Actos, Sala de Grados, Salas de Xuntas) con ocupación elevada no momento do seu uso, cando polo seu aforo sexa difícil gardar a distancia interpersoal de seguridade de 1’5 m
- Recoméndase o uso de máscara durante a permanencia no resto de espazos interiores compartidos da Escola, así como no caso de persoas vulnerables.
- Capacidade dos laboratorios (prácticas docentes):
Permítese a ocupación do 100% da capacidade habitual sempre e cando as persoas asistentes estean todas elas sentadas. De non ser así, recoméndase o uso da máscara facial FFP2. - Capacidade de aulas e bibliotecas:
Permítese a ocupación do 100% da súa capacidade habitual no caso de postos sentados
Máis información e contactos

En caso de síntomas COVID chamar a conserxería da EET.
986 812 100

Contacto COVID na EET
Pedro Rodríguez Hernández
teleco.covid19@uvigo.gal