Estas son as actividades realizadas ao amparo da rede conexiónTeleco neste ano 2024:
- Ciclo de charlas “Café & …”
Pertencentes ao programa integraTE, este ciclo de charlas de divulgación científica sobre tecnoloxías de telecomunicación mostran aos nosos estudantes os contidos que verán no Grao/Mestrado ou nos que poderán traballar no futuro. Todo isto nun ambiente relaxado e con café ao rematar.
Estas charlas están pensadas para tódolos estudantes de primeiro curso, pero están abertas a aqueles doutros cursos que queiran vir.
Estas son as charlas que tivemos:- Charla “Café & Drons”, Impartida por: Felipe Gil Castiñeira, Catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, 9/10/24
- Charla “Café & Despregramentos de fibra”, Impartida por: Roberto Pérez, Socio consultor, e Tomás Prado, Xefe de proxecto, de Optare Solutions, 30/10/24
- Charla “Café & Sistemas antidron”, Impartida por: Jesús M. Costa, Technological Senior Expert de Indra, 27/11/24
- Charlas de divulgación científica e tecnolóxica
Desde a EET, ofértase un conxunto de charlas de divulgación científica e tecnolóxica a centros educativos preuniversitarios (primaria, ESO, bacharelato e FP), impartidas polas entidades que participan en ConexiónTeleco.
Con estas charlas preténdese explicar de forma sinxela conceptos científicos e tecnolóxicos, fomentando o interese polas competencias STEM.
Podes atopar máis información nesta ficha de presentación:
- Acto de benvida ao novo estudantado da EET
O luns 9 de setembro celebramos o acto de benvida para o alumnado que comeza 1º do grao de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.
Alí recibiron información útil para o seu día a día no tocante a organización académica, o Plan de Acción Titorial, os cursos de inglés que o @CdlUvigo imparte no centro, o labor de asociacións estudantís como @cesuvigo, ou a actividade que leva a cabo a @DaatUvigo.
O acto contou co patrocinio de Alen Space, que estivo representada por Diego Nodar, exalumno e COO de @alenspace (spin off de #TelecoVigo).
- Ela fan TIC
Día que se celebra o 4º xoves do mes de abril e que foi establecido no ano 2010 pola Unión Internacional de Telecomunicaciones (UIT), o organismo das Naciones Unidas especializado nas telecomunicacións. O seu obxectivo é fomentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e mozas, así como reducir a fenda dixital de xénero.
Actividade patrocinada pola Cátedra Indra.
Podes atopar máis información nesta ligazón:
- Elas Fan CienTec
Este día internacional –11 de febrero–, aprobado por la Asamblea General das Naciones Unidas en 2015, pretende conseguir el acceso y participación pleno y equitativo de mujeres y niñas en el ámbito científico. Es un día recordatorio del importante papel que tenemos las mujeres en la ciencia y en la tecnología..
Actividade patrocinada pola Cátedra Indra.
Podes atopar máis información nesta ligazón:
- Premios ao alumnado de novo ingreso noGETT cos mellores expedientes de entrada no curso 2023/2024
Optare Solutions e BorgWarner patrocinaron a segunda edición destes galardóns.
Podes atopar máis información nesta ligazón:
- II Olimpíadas Teleco
441 estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia participaron os días 25, 26 e 27 de abril nas II Olimpíadas Teleco.
As empresas de conexiónTeleco patrocinadoras (cátedra Indra, cátedra R, Televés e BorgWarner) axúdannos coa compra do material para os equipos que participan na competición e, a maiores, dan os premios da fase galega.
– A Cátedra Indra os catro premios na categoría de equipos da ESO.
– BorgWarner os catro premios na categoría de equipos de FP.
– A Cátedra R os catro premios na categoría de equipos de Bacharelato.
– Televés os tres premios na categoría individual de Bacharelato.
Ademais, diversos medios fixéronse eco da nova (Atlántico Diario e Faro de Vigo).
Máis información sobre a xornada de competición e o resultado está nas seguintes ligazóns:
- LPRO Days 2024.
Unha primeira xornada de exposición e competición dos traballos realizados por 14 equipos de 5-6 estudantes de 4º curso do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación ten dúas partes moi diferenciadas: unha de exposición pola mañá, orientada ao alumnado pre-universitario, e outra de exposición pola tarde, orientada a empresas e visita libre.
A segunda xornada está dedicada a entrega de premios no museo Verbum. Grazas ao apoio de cinco empresas de conexiónTeleco (Marine Instruments, Optare Solutions, Quobis, Gradiant e atlanTTic) se puideron entregar cinco premios ás mellores propostas.
Podes atopar máis información nesta ligazón:
- Celebración da graduación do estudantado da XI promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT), da III promoción do Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE), da IX promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET) e máis das promocións I a IV do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS).
O estudantado de todas as titulacións desfrutou dunha xornada festiva coa súa xente querida e, grazas Centum R&T, puideron compartir unha pequena merenda coas súas familias ao rematar e grazas a Indra tiveron un agasallo moi especial: unha sudadeira cun deseño creado polo debuxante Davila especialmente para o centro:
Máis información sobre esta xornada de celebración na seguinte ligazón: