Órgano colexiado que supervisa e promove os diferentes sistemas e procesos vinculados á calidade como son –entre outros– o Sistema de Garantía de Calidade e o seguimento dos programas ligados a mellora da calidade no centro e titulacións adscritas.

A Comisión de Calidade debe ter unha composición equilibrada entre mulleres e homes e estar integrada, polo menos, polos seguintes membros:

  • Directora do centro, que a preside.
  • Coordinadora/o de calidade.
  • Coordinadora/o ou persoa en quen delegue de cada unha das titulacións de grao do centro.
  • Coordinadora/o ou persoa en quen delegue de cada unha das titulacións de mestrado do centro.
  • Enlace de igualdade.
  • Unha persoa representante do profesorado.
  • Un/unha representante do estudantado de grao.
  • Un/unha representante do estudantado de mestrado.
  • Un/unha representante do estudantado egresado.
  • Administrador/a do centro ou persoa en quen delegue.
  • Un/unha representante da sociedade.

Actuais membros da Comisión

Listaxe actualizada de integrantes
[PDF, XXXXKB]

Competencias

  • Debater e validar, se procede, a proposta da política e os obxectivos de calidade.
  • Debater e validar, se procede, a proposta do manual de calidade e os procedementos do SGC do centro.
  • Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade no centro e titulacións adscritas, así como propoñer as melloras pertinentes.
  • Colaborar coa implantación, desenvolvemento e seguimento do SGC.
  • Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da docencia en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos departamentos e outros órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.
  • Participar activamente en todos os procesos académicos relativos á oferta formativa do centro (novas titulacións, modificación, suspensión ou extinción das existentes), elaborando un informe valorativo se o consideran oportuno ou é procedente de acordo coa normativa vixente.
  • Intercambiar, debater e propoñer a participación do centro en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade.

(Destaque que liga directamente coa páxina do SGC no apartado Calidade)