Es docente de tecnoloxía e queres participar nesta iniciativa cos teus estudantes de ESO, Bacharelato ou Formación profesional? Es estudante de ESO, Bacharelato ou Formación profesional e queres experimentar a potencialidade das telecomunicacións? Se é así, estas olimpíadas son o teu.

Que é?

É unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT).

O seu propósito xeral é a promoción da enxeñería de telecomunicación mostrando os campos nos que está presente no noso día a día e como pode mellorar a nosa calidade de vida, en concreto, como impacta nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ou ODS. Este ano foi seleccionado o ODS 11: CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES.

Quen pode participar e como?

Podes participar en equipos (non máis de 5 estudantes) nas dúas seguintes categorías:

  • (i) 2º, 3º e 4º de ESO
  • (ii) Ciclos formativos de grado medio e/ou superior

Cada equipo deseñará e desenvolverá un proxecto aliñado coa enxeñería de telecomunicación e o ODS 11. Utilizará para iso o material que lle proporcionará a EET (kits de placas programables compatibles co IDE de Arduino). As comunicacións (por exemplo 5G, LoRaWAN, Wifi, Bluetooth, etc.) deben estar presentes no proxecto

Se és estudante de Bacharelato, podes participar de forma individual.

Neste caso proporase a resolución dun conxunto de problemas relacionados coa Enxeñería de Telecomunicación, sendo o seu foco a utilización enxeñosa das ferramentas físico-matemáticas coñecidas polo alumnado deste nivel educativo.

Tes información detallada aquí.

Como e cando inscribirse?

Calquera docente de ESO, Bacharelato e/ou Ciclos de formación profesional pode inscribir ao/s seu/s equipo/s no seguinte formulario

Prazo: desde o 16 de xaneiro ao 28 de febrero de 2023

Elixe a nosa escola como sede da fase clasificatoria: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo, Vigo!!

Que podo gañar?

Ademais da experiencia e da posibilidade de levar os premios que se indican debaixo, só por participar xa gañas:

  • O teu centro educativo recibirá un kit de placas programables compatibles co IDE de Arduino
  • Ti recibirás formación sobre a programación para Arduino no mes de febreiro

Fases da competición e premios

A competición consta de dúas fases:

1º Fase: clasificatoria

A competición entre os equipos que se apuntaron na nosa Escola (EET UVIGO) terá lugar entre o 15 e o 26 de maio de 2023. Tedes desde febreiro para traballar no voso proxecto. Daranse 3 premios:

  • Primeiro premio (Mellor proposta técnica):
    400 € ao equipo e 400 € ao centro educativo
  • Segundo premio (Proposta máis orixinal):
    300 € ao equipo
  • Terceiro premio (Proposta máis aliñeada co ODS 11):
    200 € ao equipo

2º Fase: nacional

Os mellores proxectos pasan directamente á competición nacional, que será en xuño de 2023. Daranse 4 premios:

  • Mellor proposta técnica
  • Proposta máis orixinal
  • Proposta máis aliñada co ODS 11
  • Mellor comunicación e exposición de proxecto

Tes dúbidas?

Podes resolvelas en:

Entidades patrocinadoras da competición clasificatoria na UVIGO