![](/wp-content/uploads/2021/12/STEMbach-ColexioMiralba-1024x576.jpg)
STEMbach ten como obxectivo favorecer a adquisición das competencias clave para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática) sempre desde unha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias, senón transversal e en colaboración cos diversos sectores e axentes sociais.
Nun caso, o do Colexio Miralba de Vigo, fíxose, baixo a supervisión de docentes da Escola, un proxecto no ámbito da seguridade e privacidade das comunicación. Concretamente os rapaces fixeron un “Estudo de ameazas informáticas nos centros educativos.
![](/wp-content/uploads/2021/12/VisitaSTEMbachIESMariaSolinho-1024x564.jpg)
Noutra destas iniciativas, no 1º curso de Bacharelato do Alumnos de 1º de Bacharelato do IES María Soliño de Cangas que cursan o #STEMbach van desenvolver un proxecto de Internet das Cousas (IoT), baixo a dirección do PDI da EET Juan José López. desenvolveron un proxecto de Internet das Cousas (IoT), baixo a dirección do PDI da EET Juan José López. Tamén fixeron unha visita ás nosas instalacións dentro da programación das actividades formativas
STEMbach está pensado tanto para as modalidades de ciencias e tecnoloxía como para as humanidades, as ciencias sociais e as artes e pretende promover as vocacións do alumnado nestes ámbitos mediante a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario para o fomento do coñecemento.