Temos nova web. Bótanos unha man

Novo deseño e novos contido para a web da EET. Se queres colaborar con nós, envía as túas suxestións de mellora ao correo teleco.web@uvigo.es!

Despois de varios meses de traballo, a nosa nova web ve, por fin, a luz. Unha nova organización de contido, na que será máis sinxelo atopar información sobre o día a día na nosa escola (no apartado Vida na EET), onde poderás informarte de en que consisten as titulacións que ofertamos e as saídas profesionais que se abrirán ante ti (no apartado BeTeleco!), onde a investigación e innovación de cara ao tecido empresarial ten unha presencia relevante (no apartado I+D e Empresas), onde a oferta de estudos e como se organiza a actividade académica ten o seu propio apartado (Estudos), e máis unha sección específica para que coñezas os recursos humanos, as infraestruturas, e como é a xestión docente e a xestión da calidade no noso centro (no apartado A Escola).

Tratamos de facelo o mellor posible, pero cantos máis pares de ollos sexamos, mellor. Así que, se tes algún comentario, suxestión e/ou se detectaches algún erro ou información que consideras que falta, por favor, envía un correo a teleco.web@uvigo.es. As túas achegas son sempre benvidas!