Os/as Enxeñeiros/as de Telecomunicación son profesionais moi demandados no mercado laboral polo actual desenvolvemento e transformación tecnolóxica dunha gran cantidade de sectores económicos, pero nas aulas faltan estudantes. Se se busca en Linkedin por postos de traballo para Enxeñería de telecomunicación, pódense atopar preto de 500 vacantes.
O salario medio dun/ha enxeñeiro/a de telecomunicación era de 52.711 euros brutos ao ano, segundo o informe Presente e futuro do enxeñeiro de telecomunicación, elaborado conxuntamente polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións (COIT), a Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación e a consultora IDC (publicado en outubro de 2017). Os datos publicados polo INE da enquisa do ano 2019 (publicada en 2020) mostra que o 97,1% das persoas tituladas nesta enxeñería teñen traballo.
É unha das profesións máis demandas no mercado laboral dada a súa transversalidade, xa que poden traballar en numerosos sectores produtivos da sociedade: necesítanse Enxeñeiros/as de Telecomunicación tanto na Administración como no Espazo, pasando por calquera tipo de industria ou empresa. Na sociedade actual as comunicacións abárcano todo, pero estas non serían posibles se non fóra polos/as Enxeñeiros/as de Telecomunicación. Imos cara a un mundo máis conectado que o actual: as persoas entre si mesmas e coas cousas. Trátase de contornas intelixentes onde a Enxeñería de Telecomunicación vai xogar un papel fundamental
Con todo, hai ” telecos” que, aínda que comezaron a traballar en sectores relacionados cos seus estudos, actualmente dedícanse a cousas que non teñen relación coa Enxeñería de Telecomunicación. Nesta noticia en xataka.com preséntannos a tres enxeñeiros de Telecomunicación que se dedican a aspectos que nada teñen que ver cos seus estudos universitarios: Javier Gancedo (é agora xornalista da liga europea de baloncesto), Montse Peidró (está á fronte da dirección xeral de Also Cloud) e David Fernández (ten unha empresa de investimento en startups). O que incide na gran versatilidade e base que ofrecen estes estudos.
Iso si, traballen no que traballen os tres coinciden en que volverían estudar Enxeñería de Telecomunicación.