De forma secundaria, este proxecto tamén procura xerar un “dataset” procedente das RRSS, investigar mellores técnicas PLN, seleccionar e adestrar modelos IA e avaliar os resultados da identificación automática de comentarios sexistas.
O proxecto foi concedido en agosto de 2021 pola Cátedra Feminismos 4.0 Depo-Uvigo. Nel tamén participa a docente da EET Ana Fernández Vilas e máis o doutor Mateo Ramos Merino e a doutora Sonia Valladares Rodríguez, ambas persoas egresadas da nosa Escola.
En base a este estudo as investigadoras pensan que poden conseguirse melloras en determinados ámbitos, tales como:
- Dotar de ferramentas para a regulación semi-automática de comentarios sexistas
- Estudar os perfís máis propensos a realizar este tipo de comentarios nas RRSS
- Contribuír á elaboración de sistemas de detección de ciber-acoso ou semellantes
- Identificación automática de conversas con este tipo de contidos que se poden volver virais
- Creación de indicadores que amosen o grao xeral de comentarios sexistas
- Soporte aos protocolos de identificación dunha vítima en risco real de violencia de xénero