Xornada de Portas Abertas 'Teleco' 2023

Open

O vindeiro 2 de marzo de 16:00h a 18:30h a EET celebra a Xornada de Portas Abertas Teleco.

En que consistirá?

Faremos un percorrido polas instalacións da EET (aularios, laboratorios, biblioteca, cafetería, …) mostrando o traballo de docencia e investigación que se leva a cabo no noso centro. Todas as persoas que asistan poderán experimentar, coa guía do equipo de docentes e investigadores/as da Escola, a potencialidade das tecnoloxías de telecomunicación nos nosos laboratorios de 5G, cámaras anecoicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas, experiencia con drones e coñecer a nosa ampla experiencia en satélites, entre outras sorpresas.

Esta xornada celebrarase conxuntamente coa maioría das escolas de Teleco de España. Ao comezo da sesión faremos unha breve conexión de benvida con todos os centros na que participará Javier Ventura, Enxeñeiro de Teleco e director da Oficina Científica de Navegación por Satélite da Axencia Espacial Europea.

Para coñecer con anterioridade cántas persoas van asistir necesitamos que se realice unha inscrición no formulario que hai neste enlace (tamén o atoparedes na nosa web ou escaneando o seguinte QR).

Para máis información podes consultar a nosa web.

Ven a TelecoVigo o xoves día 2 de marzo de 16.00 a 18:30! Anímate a participar!