
Queres coñecer que portas profesionais se abren aos perfís de enxeñaría de telecomunicación? Queres coñecer as nosas instalacións? Queres saber que vantaxes terías estudando en TelecoVigo?
Ven a TelecoVigo o xoves día 2 de marzo de 16.00 a 18:30!
Este ano a Xornada de portas abertas de Teleco celebrarase conxuntamente coa maioría das escolas de Teleco de España e coa participación de Javier Ventura, Enxeñeiro de Teleco e director da Oficina Científica de Navegación por Satélite da Axencia Espacial Europea. Ao comezo da sesión faremos unha breve conexión con todos os centros para darvos a benvida, nela Javier contaranos as súas experiencias.

Mostrarémosche as instalacións da EET (aularios, laboratorios, biblioteca, cafetería, …) e poderás ver o traballo de docencia e investigación que se leva a cabo no noso centro.
Podrerás experimentar, coa guía do equipo de docentes e investigadores/as da Escola, a potencialidade das tecnoloxías de telecomunicación nos nosos laboratorios de 5G, cámaras anecoicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas, experiencia con drons e coñecer a nosa ampla experiencia en satélites, entre outras sorpresas.
Serán os propios estudantes da EET quenes vos acompañen no percorrido, para que poidades ter información de primeira man de chicos e chicas que fai nada estaban na vosa situación.
Calquera dúbida que teñas ou que che xurda, compártea! Escríbenos un correo a teleco.captacion@uvigo.es. Estaremos encantados de resolvela.