Únete á C3TF Cyber Competition!

Open

O mércores 29 de marzo de 2023 (15.30-20.30 h) celebrarase unha nova edición do C3TF Cyber Competition, unha competición na que poderás poñer a proba e adestrar as túas habilidades en ciberseguridade.

Este evento, en formato “Capture the Flag”, está organizado polo CITIC da Universidade da Coruña en colaboración con atlanTTic, patrocinado pola Cátedra R en Ciberseguridade, e conta co apoio da E.E. de Telecomunicación, a Facultade de Informática da UDC e o Máster Interuniversitario MUniCS.

 

Como podes participar?

Se es estudante, apúntate co teu equipo (de 1 a 5 participantes) para resolver os retos que proporemos en ámbitos como esteganografía, forense ou pentesting, entre outros. Inscríbete de forma gratuíta ata o 19 de marzo neste formulario e escolle como queres participar:

  • Presencial en A Coruña, no CITIC da Universidade da Coruña
  • Presencial el Vigo, no centro atlanTTic, na E.E. de Telecomucicación da Universidade de Vigo
  • Online

     

    Premios

    Haberá premios para os tres equipos gañadores: 1.000€, 700€ e 400€. Tamén haberá regalos para todas as persoas que participen en modalidade presencial.

    Toda a información está dispoñible na web do evento: https://c3tf.io