Estudantes de ESO e Bacharelato visitan a Escola acompañados das súas familias.
Moitas grazas a todos os rapaces e rapazas que, xunto coas súas familias, achegáronse o día 10 de abril a coñecer a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na súa Xornada de Portas Abertas.
A directora da EET (Rebeca Díaz) deulles a benvida e fíxolles unha presentación da Escola e das súas titulacións. Foi todo un pracer poder explicar o que facemos na nosa Escola a xente tan interesada
Os visitantes percorreron as nosas instalacións acompañados polo subdirector de Captación (Pedro Rodríguez), e de membros da directiva da delegación de estudantes da EET (Laura Leirós e Hugo Mera), que lles explicaron de primeira man como é estudar teleco.
Ademais, experimentaron nos nosos laboratorios: visitaron a sala anecoica para medidas electromagnéticas, onde foron recibidos por José Vázquez Cabo e Óscar Rubiños; tamén coñeceron a sala semianecoica de acústica, da man de Soledad Torres, e puideron revisar o laboratorio 5G xunto con Juan José López Escobar, Pablo de las Llanderas e Javier Otero.
Finalmente, coñeceron o traballo dalgunhas das asociacións estudiantís presentes na EET, como CES UVigo, onde foron recibidos polos estudantes Pablo Saa López e Adrián Rodríguez Fernández, ou UVigo SpaceLab, onde a presentación correu a cargo dos estudantes Alejandro Camanzo e Manuel Diz.
Esperámosvos o ano que vén, nunha nova edición da Xornada de Portas Abertas!