O proxecto foi concedido en agosto de 2021 pola Cátedra Feminismos 4.0 Depo-Uvigo. Nel tamén participan as docentes da nosa escola Carmen García Mateo e Soledad Torres Guijarro e o obxectivo é deseñar, a partir dun enfoque igualitario, axentes conversacionais (chatbot por voz) feministas que eviten o nesgo de xénero e obter unhas pautas de deseño que poidan aplicarse a estes desenvolvementos.
Moitos dos sistemas actuais que utilizan intelixencia artificial dan conta dos nesgos de xénero existentes en multitude de tecnoloxías que utilizamos diariamente.
Xeralmente, os asistentes conversacionais intelixentes presentan características asociadas ao xénero feminino e as súas interaccións adoitan representar e reforzar estereotipos de xénero.