Xornada inaugural das I Olimpíadas Teleco

Open

A EET acollerá no salón de graos a Xornada inaugural das I Olimpíadas Teleco o día 7 de marzo ás 11.00h.

Ao comezo do evento farase a entrega de 3 premios de 2.000 € cada un aos tres estudantes que este ano entraron no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) EET cos mellores expedientes académicos. Os premios están  patrocinados polas empresas BorgWarner, Centum e Optare Solutions,

Nesta xornada os/as participantes na modalidade de equipos (estudantes de ESO e FP) recibirán os kits de traballo e un seminario de formación, e os/as participantes na modalidade individual fará un percorrido polas instalacións da EET.

Programa para o día 7 é o seguinte:

10.45h Recepción ao alumnado e profesorado
11.00h Entrega premios aos 3 mellores expedientes de entrada na EET
11.20h Descrición das bases e aspectos relevantes das Olimpíadas

COMPETICIÓN POR EQUIPOS
11.35h Traslado ao laboratorio B002 para a formación
11.40h Formación (A Industriosa; Quobis)
13.30h Visita breve pola EET

COMPETICIÓN INDIVIDUAL
11.35h Visita guiada pola EET

Os/as participantes que non asisten a esta xornada presencial terán a mesma xornada de inauguración de forma online o día 9 de marzo ás 16.00h.