Doa Sangue. Súmate ao #reto5000

Open

Despois de loitar coa pandemia da COVID-19, toca recuperar a actividade nos hospitais e precisamos impulsar a participación solidaria da comunidade universitaria. Por este motivo, ADOS impulsa o #reto5000, co obxectivo de acadar 5.000 doazóns de sangue e achegarnos ao nivel de participación previo á pandemia nas tres universidades galegas. Estamos seguros de que o lograremos grazas á colaboración de toda a comunidade universitaria.

Doa sangue se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 quilos.

Unidade móbil o xoves, 10 de marzo, en horario de 9:30 a 14:30 horas

Trae o DNI. Non acudas sen almorzar pola mañá e despois do xantar agarda 2 horas.

A solidariedade está dentro de ti. Súmate ao #reto5000!