Curso de verán na EET: Fai o teu propio satélite

Open

O curso Fai o teu propio satélite é unha das propostas que A Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria presenta para este período estival 2022, no que se poderá adquirir unha visión xeral de todos os elementos que compoñen un sistema espacial e os retos e beneficios que levan asociados estes sistemas.

O curso desenvolverase entre o 29 de agosto e o 2 de setembro de xeito presencial na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación en horario de 09.00 a 14.30 horas.

O obxectivo xeral do curso é adquirir unha visión de todos os elementos que compoñen un sistema espacial, os retos e beneficios que levan asociados estes sistemas. Durante a formación introduciranse os conceptos básicos de misións espaciais para logo profundar en temas máis propios dos pequenos satélites e os subsistemas que os compoñen, o seu funcionamento e retos que leva o seu deseño.

Podédevos inscribir neste enlace en campus activo, onde tamén atoparedes información detallada do curso.

O curso conta coa colaboración da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Campus Vigo Tecnolóxico, SERVERMALL, Laser Galicia, BFlow, Star Electrónica, Grupo CdeC, UARX Space, Alén Space, Siscom, atlanTTic, MECADIS.