O curso “Fai teu propio satélite” é unha das propostas presentadas pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria para o verán de 2023. Neste curso se brindarase unha visión completa dos elementos que compoñen un sistema espacial e os desafíos e beneficios asociados a estes sistemas.
O curso levarase a cabo de forma presencial na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do 28 de agosto ao 1 de setembro, en horario de 09:00 a 14:30 horas.
O obxectivo xeral do curso é obter unha comprensión integral dos elementos que conforman un sistema espacial, así como dos desafíos e beneficios que conlevan. Durante a formación, presentaranse os conceptos básicos das misións espaciais para logo profundar en temas específicos relacionados cos pequenos satélites e os seus subsistemas, o seu funcionamento e os desafíos asociados ao seu deseño.
Podes inscribirte nesta ligazón en Campus Activo, onde tamén atoparás información detallada sobre o curso.
www.uvigospacelab.space/Fai-o-teu-satelite-2223
O curso conta coa colaboración da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, o Campus Vigo Tecnolóxico, a Xunta de Galicia – GAIN, Laser Galicia, BFlow, Star Electrónica, Grupo CdeC, UARX Space, Alén Space, Siscom, atlanTTic, MECADIS, Bufete Mais e Calvet, DHV Technology, a Escola de Aeronáutica e do Espazo, CINTECX, Gradiant, Ultreia, Zona Franca de Vigo, econocom, o Consello Social e Centum.
Se tes curiosidade por ver como e con qué traballarán os/as participantes no curso, podes ver imaxes do curso pasado na seguinte ligazón.