O luns 11 de setembro de 2023 entre as 09.00 e 11.00 terá lugar, no Salón de Actos da EET, o acto de benvida ao novo curso para todo o alumnado de 1º curso que comeza unha nova etapa con nós.
Nel darémoste a benvida e recibirás información sobre:
- O día a día na Escola
- Os estudos que comezas (horarios, organización…)
- Os cursos de inglés (diferentes niveis) que o Centro de Linguas imparte na Escola
- O Plan de Acción Titorial e outras actividades deseñadas para ti
- A Delegación de Estudantado da EET (DAAT)
Ao final do acto haberá unha breve visita por algúns dos laboratorios e aulas da EET.
Esperámoste!