Carmela Troncoso unha das gañadoras dos Future 50 Awards 2021

Los premios Future 50 reconocen a 50 de las personas más influyentes de la tecnología actual.

Os prestixiosos Future Tech Awards recoñecen a 50 das persoas clave que están a impulsar a innovación na tecnoloxía de consumo hoxe en día, seleccionadas por un panel de xornalistas tecnolóxicos de Future Publishing. Estes premios valoran quen son os que están a realizar o cambio e loitando pola excelencia na industria tecnolóxica.

Na edición do ano 2021 una das gañadoras destes premios foi Carmela Troncoso, Enxeñeira de Telecomunicación pola nosa Escola, que traballa actualmente como profesora adxunta da Escola Politécnica Federal de Lausana (EPFL) no que lidera o Laboratorio SPRING.

As súas liñas de investigación están ligadas á seguridade e privacidade, centrando os seus traballos tamén en como mitigar o impacto da tecnoloxía na sociedade. “Un futuro dixital seguro só pode construírse con tecnoloxía que preserve a privacidade. Traballamos para proporcionar os bloques de construción que permitirán ese futuro”.

O seu traballo fixo realidade o rastrexo pasivo de contactos. Se instalaches unha aplicación de rastrexo de contactos durante a pandemia, agradece a Carmela por manterche a salvo. Axudaron a liderar o impulso para construír o DP-3 T o protocolo de rastrexo de contactos compartido, que agora se utiliza en todo o mundo.

Noraboa!

Podes ver a lista de todos os gañadores e as súas innovacións aquí.