Enxeñeiras e enxeñeiros de I&CLab –grupo de investigación de atlanTTic– participan nun proxecto xunto á Politècnica de Catalunya de Barcelona e á Universidad Carlos III de Madrid para protexer a privacidade nas redes. A nosa intensa actividade dixital diaria xera unha pegada da que é posible extraer información confidencial. A conexión continua a través dos nosos teléfonos móbiles, as redes sociais ou os vehículos intelixentes deixa un rastro de datos sensibles, por exemplo, a nosa localización vinculada ás publicacións ou procuras en internet que realizamos. A Universidade de Vigo forma parte dun consorcio nacional que ten como obxectivo preservar a privacidade destas comunicacións e mellorar a seguridade.
No botón, pode ampliarse información. Para ver a nova é preciso estar ter unha subscrición.