Conferencia: Multiplicadores de frecuencia activos para aplicacións de microondas, ondas milimétricas e sub-milimétricas

Abrir

O martes 5 de abril, ás 9:30 h., terá lugar unha conferencia online da Dra. Yolanda Campos Roca, profesora da Universidad de Extremadura e ex-alumna da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. A conferencia, titulada “Multiplicadores de frecuencia activos para aplicacións de microondas, ondas milimétricas e sub-milimétricas”, realízase no marco da materia “Electrónica e Fotónica para Comunicacións” do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación (MET) da E.E. de Telecomunicación da UVigo e conta coa colaboración do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións.

Yolanda Campos Roca recibiu o título de enxeñeira de telecomunicación en 1994 e doutora enxeñeira de telecomunicación en 2000 pola Universidade de Vigo. A súa tese doutoral foi o resultado dunha colaboración entre a Universidade de Vigo e o Instituto Fraunhofer para a Física do Estado Sólido (IAF) en Freiburg (Alemaña), centro no que realizou estancias por un período acumulado de máis de tres anos. Desde o ano 2000 é profesora na Universidad de Extremadura e Profesora Titular de Universidade desde 2002. Participa no programa de Doutorado Interuniversitario en Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica que se oferta na Universidade de Vigo e na Universidad de Extremadura. Os seus principais intereses en investigación céntranse no deseño de circuítos activos e pasivos de alta frecuencia.

Acceso á conferencia en Campus Remoto: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/936869498
Password estudiantes: EFCOcmw2022