DENOMINACIÓN DO TÍTULO:
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade de Vigo

NÚMERO DE CRÉDITOS:
120 ECTS

CENTRO RESPONSABLE:
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Rúa Maxwell S/N
Campus Lagoas-Marcosende
36310 – Vigo (Pontevedra)

+34 986 812 100
teleco.asuntosxerais@uvigo.es
http://www.teleco.uvigo.es/

COORDINADOR DA TITULACIÓN:
Manuel García Sánchez
teleco.master@uvigo.es

OUTROS DATOS:

  • Centro onde se imparte:
    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Rama de coñecemento:
    Enxeñaría e Arquitectura
  • Habilita para profesión regulada: Si
  • Profesión regulada: Enxeñeiro/a de Telecomunicación
  • Nivel MECES: 3
  • Modalidade de ensino:
    Presencial
  • Réxime de estudo:
    Tempo completo / Tempo parcial (Matrícula)
  • Duración:
    2 anos
  • Prazas de novo ingreso:
    40 para primeiro curso / 50 para segundo curso
  • Periodicidade da oferta:
    Anual
  • Idiomas nos que se imparte:
    castelán, galego, inglés (entre un 25% e un 50% dos ECTS son ofertados en inglés.
    Consultar a listaxe de materias onde se usa o inglés como idioma de impartición).
  • Nº mínimo de créditos de matrícula:
    48 ECTS / ano T.C. – 24 ECTS / ano T. P.
TIPO DE MATERIACRÉDITOS ECTS
Obrigatorias (OB)45
Obrigatorias especialidade (OB-P)30
Optativas (OP)15
Prácticas externas*15
Traballo Fin de Mestrado30
Totais120

* As prácticas externas non entran no cómputo de créditos xa que son de carácter optativo.
Acceder a máis información sobre prácticas externas.

Tamén é conveniente que consultes a normativa de permanencia na Universidade de Vigo.

O Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais en España, recolle que os plans de estudos conducentes á obtención de títulos oficiais serán verificados polo Consello de Universidades, sendo a Axencia para a Calidade do Sistema Unviersitario de Galicia (ACSUG), nos nosos títulos, a encargada de avaliar os plans de estudos.

Estes plans de estudos recollense nunha memoria que o Ministerio de Educación pon ao dispor das universidades para a verificación dos títulos e as súas posibles modificacións. Esa memoria coñécese como memoria de verificación porque pertence ao programa Verificación da ACSUG (http://www.acsug.es/es/titulos/verificacion)

No Rexistro Xeral de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) pode consultarse a evolución da titulación con detalle. Algúns fitos importantes son:

  • Alta inicial no RUCT: 14/11/2014

No botón podes consultar o PDF da Memoria de Verificación do MET actualmente vixente (desde o curso 2014/15):