Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs, a Escola organizou a Xornada ‘Elas Fan TIC’ no CEIP A Doblada de Vigo. A xornada consistiu nun obradoiro sobre Lego Robotics que se impartiu no propio Centro, e no que participaron 26 estudantes de 6º de primaria, co obxectivo de darlle visibilidade ás carreiras tecnolóxicas e de enxeñaría para que as poidan valorar como unha opción de futuro.
O taller práctico o impartiron cinco estudantes do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, que actuaron como monitoras e monitores, e foi supervisado pola docente e investigadora e enlace de Igualdade na EET, Soledad Torres Guijarro.
Coa realización deste obradoiro as e os estudantes da EET transmitíronlle as rapazas e rapaces a súa paixón pola tecnoloxía, coa ilusión de ir espertando as vocacións cara o ámbito das tecnoloxías xa desde as etapas da educación primaria e conseguir así reducir a brecha de xénero dixital.
A actividade superou as expectativas tanto do profesorado do CEIP A Doblada coma do estudantado da EET, acadándose sobradamente os obxectivos do taller práctico.
Os nosos parabéns a todo o estudantado polo bo traballo.