CES UVigo: Fabricación de barcos solares tripulados para competición

Abrir

Este mércores 30 de marzo os integrantes do equipo CES UVigo nos darán unha charla sobre o seu traballo de fabricación de barcos propulsados por luz solar para competicións.

Este ano o equipo participará por primeira vez na Mónaco Energy Boat Challenge, competición na que participan máis de 22 universidades, representando 17 nacionalidades.

O evento está patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.