1ª OLIMPÍADAS DE TELECO

Abrir

O vindeiro venres 26 de maio, de 10.30h a 14.30h, terá lugar a Xornada de competición de equipos e a entrega de premios das 1ª Olimpíadas Teleco.

Nesta xornada os/as participantes na modalidade de equipos (estudantes de ESO e FP) presentarán e expoñerán os proxectos desenvolvidos. Ao remate terá lugar a entrega de premios de cada unha das tres modalidades: equipos (estudantes de ESO e FP)  e individual (estudantes de bacharelato).

Programa para a xornada é o seguinte:

  • 10.30 – 11.00: Recepción de equipos (docentes + estudantes)
  • 11.00 – 12.45: Presentación de proxectos
  • 12.45 – 14.00: Exposición dos proxectos nos stands do corredor da EET
  • 14.00 –14.30: Entrega de premios
  • 14.30: PECHE DA XORNADA

Os premios están patrocinados polas empresas BorgWarner, Indra e Televés.