O programa de intercambio KA103 pertence ao programa Erasmus+ e ten como obxectivo facilitar a mobilidade entre estudantes de entidades educativas do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
Se tes interese en desfrutar dunha experiencia única como é estudar noutra universidade do EEES, este programa é a túa oportunidade. A inmersión cultural e académica nunha universidade estranxeira ampliará o teu coñecemento doutras linguas, saberás como se traballa e estuda noutros países e, en definitiva, ampliará as túas oportunidades laborais cando regreses.
Se es estudante na EET e queres facer unha estadía fóra
A EET ten convenios con numerosas universidades de recoñecido prestixio, como a Universidade de Gent, a Universidade Técnica de Munich, a Universidade de Bolonia, a Universidade de Lodz ou a Universidade Técnica de Eindhoven.
Podes facer unha estadía financiada de ata 12 meses que deberás solicitar na convocatoria anual que realiza a Universidade de Vigo. A asignación de prazas é realizada segundo:
- o teu expediente académico (nota media),
- o teu nivel acreditado do idioma esixido pola universidade destino
- e máis outros criterios adicionais que a universidade de acollida poida indicar.
Se queres realizar unha estadía Erasmus+ KA103 debes ter en conta:
Se estás no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
- O plan de estudos está deseñado para realizar a mobilidade no primeiro cuadrimestre do cuarto curso
- Necesitas ter aprobados polo menos 114 ECTS dos 132 ECTS de materias do módulo de Formación Básica e do Módulo de Telecomunicación do grao. Esta restrición non se terá en conta para intercambios dentro do sistema universitario español.
- Necesitas ter un certificado de idioma de nivel B1 da lingua na que se recibirá a docencia na universidade de acollida, salvo no caso de Portugal e Italia.
- O centro de destino pode ter requisitos adicionais que se indicarán na propia convocatoria.
- Necesitas cursar no centro de destino entre 18 e 36 ECTS por cuadrimestre.
- Terás que formalizar un contrato de estudos coa persoa encargada de xestionar a mobilidade académica (Subdirección de Relacións Internacionais da EET)
Se estás no Máster en Enxeñería de Telecomunicación
- O plan de estudos está deseñado para realizar a mobilidade no segundo curso
- Necesitas ter aprobados polo menos 50 ECTS dos 60 ECTS correspondentes ao primeiro curso.
- Necesitas ter un certificado de idioma de nivel B2 da lingua na que se recibirá a docencia na universidade de acollida, savlo no caso de Portugal e Italia.
- O centro de destino pode ter requisitos adicionais que se indicarán na propia convocatoria.
- Necesitas cursar no centro de destino entre 15 e 30 ECTS por cuadrimestre.
- Terás que formalizar un contrato de estudos coa persoa encargada de xestionar a mobilidade académica (Subdirección de Relacións Internacionais da EET)
Se queres facer unha estadía na nosa Escola
Na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación temos experiencia recibindo estudantes doutros países do EEES e temos unha ampla oferta académica en inglés:
Se queres vir ao Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
- Titulación con máis do 80% das materias obrigatorias impartidas en inglés. (Clica aquí para ver a listaxe completa).
- O resto das materias son english-friendly, é dicir, o equipo docente fala e atende as túas dúbidas en inglés. (Fai clic para ver a listaxe completa)
Se queres vir ao Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación
- Nesta titulación tamén ofertamos materias en inglés. Clica aquí para ver a listaxe completa
- No resto das materias o material docente está maioritariamente en inglés e o equipo docente pode axudarte neste idioma en horas de titoría.
Ademais de desfrutar de todas as vantaxes que oferta a Universidade de Vigo ao estudantado estranxeiro, na EET recibirás unha docencia de calidade maioritariamente en grupos pequenos e orientada a proxectos en equipo. Clicando aquí podes ver os recursos que temos dispoñibles para docencia.
Normativas de interese
Podes consultar as seguintes:
- Normativa de mobilidade do estudantado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
- Normativa de libre mobilidade da Universidade de Vigo
- Regulamento de mobilidade internacional da Universidade de Vigo
Para dúbidas ou máis información
Subdirección de Relacións Internacionais
da Escola de Enxeñaría de Tecomunicación
teleco.subdir.internacional@uvigo.es