Delegación de alumnos

A Delegación de Alumnos de Teleco (DAAT) é unha asociación integrada exclusivamente por estudantes da EET que ten como principais obxectivos a representación estudiantil nos órganos de goberno do centro, a divulgación e organización de contidos/eventos culturais e, como non, o aconsellar ao alumnado, que así o desexe, en calquiera ámbito da vida universitaria.

Para calquiera consulta no dubides en escribir a ou en pasar por o local da Delegación (primeira porta á dereita dende a entrada principal), frente a Conserxería.

Contacto:

Algunhas listas de correo interesantes:

  • teleco-alu: Lista do alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • teleco-emprego: Lista de correo de ofertas de emprego relacionadas coa EET
  • deportes: Comunicación das novidades da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo
  • voluntariado: Lista para a difusión de actividades relacionadas con solidariedade, cooperación e voluntariado da Universidade de Vigo
  • uvigo-solidaria: Lista de discusión de temas relacionados co voluntariado na Universidade de Vigo
  • avisos: Lista de difusión de avisos de interés da Universidade de Vigo
  • Outras listas de correo...

Foro Tecnolóxico de Emprego

O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha iniciativa creada polas delegacións de alumnos das Escolas de Enxeñería de Telecomunicacións e Industriais da Universidade de Vigo e cuxo principal obxectivo é facilitar o achegamento laboral entre as empresas e os futuros titulados.
 
Este evento terá lugar este ano nos halls das Escolas de Minas e Industriais do 13 ao 15 de marzo de 2019.
 
Por que tes que vir a Foro? Durante o evento poderás falar con moitas empresas que esperan atopar novos talentos listos para desenvolver os seus proxectos e ese podes ser ti!! Se aínda non estás listo para facer prácticas ou buscar traballo é moi importante que vaias coñecendo ás empresas do teu sector para un futuro xa non tan afastado.
 
Anímate a vir ao Foro!

Contacta connosco a través das nosas RRSS ou do noso correo:

Instagram: @forotecnoloxico
Twitter: @forodeemprego
Facebook: Foro Tecnolóxico de Emprego
Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
LinkedIn: Foro Tecnoloxico

Asociación de Debate Universitario Retórica

Retórica é a Asociación de debate da Universidade de Vigo nacida na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións. Centrámonos en dar formación práctica e teórica en oratoria baseándonos nos modelos de debate universitario máis instaurados en España: o modelo académico e o BP (British Parliament). O noso obxectivo é que adquiras as habilidades para defender e expoñer con argumentos claros e concisos as túas ideas, podendo así chegar a un público máis amplo. As utilidades? Pois infinitas! Xa sexa na túa vida laboral como persoal, ou mesmamente aplicable ás exposicións dos teus proxectos ou TFG.

Por suposto tes a posibilidade de participar na nosa liga interna e nos torneos que se organizan en universidades de toda España en ambas as modalidades de debate.

A oratoria é unha habilidade troncal que como outras moitas mellórase adestrado e nós estamos para axudarche. Úneche, esperámosche!

Contacta connosco a través das nosas RRSS ou do noso correo:

Instagram y twitter: @retoricauvigo
Facebook: Asociación de Debate Retórica
Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Outros enlaces de interese: