Matrícula GETT 2020/21 (info)

Se es un(ha) estudante de continuación de estudos no GETT, cando realices o proceso de automatrícula ten en conta que:

  • Existen simultáneamente dous planos de estudos, un deles en extinción. Para as materias de primeiro curso do plano en extinción, este curso académico 2020/21 é o derradeiro con oportunidades de avaliación.  A adaptación ao novo plano será obridgatoria en caso de non telas todas superadas ao remate do ano.
  • Implántanse no plano novo o terceiro curso do GETT, tanto na liña en español/galego como na liña en inglés. A estrutura non varía, pero hai algúns cambios de denominación e contidos en algunhas materias da mención de Son e Imaxe.
  • A asignación dos horarios de aula e laboratorio vai ser este ano responsabilidade directa da Dirección da Escola, debido ás estritas circunstancias de saúde pública nas que comezará o curso con docencia presencial. Non haberá, polo tanto, sistema de elección das quendas de laboratorio.

Se tes calquera consulta relacionada coa organización da titulación, diríxete a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. para recibir máis información.

Moitas gracias e benvido/a ao curso 2020/21.