Preguntas frecuentes

Actas de revisión de examen

acta de revisión de exame entrégase na conserxería do centro, ben dixitalizada -enviando un correo electrónico a “ This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ”, ben en papel deixando a acta directamente en conserxería ou na caixa de correo 114.

Non, non é necesario.

Esta situación pode darse por dous motivos:

  • Hai alumnos que poden ir ao examen, pero non se presentan. Neste caso, o feito de que non asista ningún alumno ao exame, debe quedar reflectido no Parte de Asistencia (o profesor indicará no parte que o número de alumnos asistentes é “cero”).
  • Non hai alumnos que poidan asistir ao exame nalgunha das convocatorias do curso (por exemplo, nas convocatorias de fin de carreira, ou nas materias en extinción). Neste caso non é necesario facer nada máis.

Si. Neste caso a acta cóbrese e indícase que o número de alumnos que asisten á revisión é cero.

Exames

O Estatuto do Estudante Universitario (normativa estatal, BOE 31-12-2010) di: "29.3 Los profesores deberán conservar el material escrito, en soporte de papel o electrónico, de las pruebas de evaluación o, en su caso, la documentación correspondiente de las pruebas orales, hasta la finalización del curso académico siguiente en los términos previstos en la normativa autonómica y de la propia universidad. En los supuestos de petición de revisión o de recurso contra la calificación y, de acuerdo con la citada normativa, deberán conservarse hasta que exista resolución firme. "

Por outra parte, a normativa de xestión académica do grao (consello goberno do 22-07-2009) di: "8. Conservación de probras ou documentos. O profesorsado deberá conservar as probas ou documentos nos que basen a súa cualificación ata o curso académico seguinte. Sen prexuizo do anterior, no caso de que se interpuxera reclamación ou recurso, os documentos mencionados haberán de conservarse ata que a resolución da reclamación ou recurso sexa firme. Non obstante, no caso de que a cualificación da materia sexa suspenso, o profesorado deberá conservar as probas ou documentos nos que basen a súa calificación polo menos tres cursos académicos."

Polo tanto, de forma resumida:

  • De forma xeral, todalas probas gardanse polo menos un ano
  • Se a calificación da materia é suspenso, as probas deben gardarse tres anos
  • Se existe algunha reclamación pendente, entón as probas deben gardarse ata que a resolución da reclamación ou do recurso sexa firme.

Impresos e formularios

Este impreso, xunto co resto de formularios relacionados coa área académica, pódese descargar desde o apartado Escola/Impresos/Área Académica.

Xunta de Escola e Comisións

Toda a documentación estará dispoñible no curso “Comisións EET” da plataforma de teledocencia Tema. Para acceder á documentación das distintas comisións é necesario que figures como membro do grupo asociado a devandita comisión. Para poder asignarche a un grupo, é necesario que accedas ao curso “Comisións EET” polo menos unha vez.

Podes consultalas a través do curso “Comisións EET” dispoñible a través da plataforma Tema, ou na páxina web da EET: Escola/Órganos de goberno/Actas.

Partes de asistencia

Neste caso debes usar os partes en papel dispoñibles na aula. O persoal de conserxería encargarase de introducilo na aplicación telemática.

Pódese asinar un “Parte Novo”, indicado todos os datos necesarios: profesor, materia, hora de inicio e fin, data, e número de alumnos.

Se tamén es profesor da materia, podes seleccionar o teu nome na lista de profesores e asinar normalmente. Se non es profesor da materia, podes asinar un “Parte Novo” indicando todos os datos necesarios: profesor, materia, hora de inicio e fin, data, e número de alumnos. Podes engadir o motivo polo que firmas o parte, no apartado de observacións.

Nas clases tipo A, o número de alumnos indícase de forma aproximada, seleccionado un dos rangos de valores posible.

Nas clases tipo B e C, pódese indicar o número exacto de asistentes. As gráficas de asistencia que se inclúen nos informes de profesor, permite ver a evolución do número de asistentes a medida que avanza o cuadrimestre.

Nos exames, tamén se pode indicar o número exacto de asistentes. Recoméndase facelo, especialmente no caso de que non asista ningún alumno.

Reserva de aulas e outros espazos

Para poder reservar unha aula é necesario estar dado de alta no Sistema de Reserva de Aulas, Espazos e Material do Centro. Se es profesor do centro, o máis probable es que xa esteas dado de alta. Se non recordas o teu nome de usuario podes chamar á conserxería para que che digan cal é. Se non recordas o teu contrasinal, podes solicitar un novo na propia aplicación de reservas.

Calquera pode darse de alta na aplicación de reservas, usando o botón "Rexistro novo". Se es un profesor da EET, unha vez que che deches de alta, debes poñerche en contacto con Servicios Informáticos para que modifiquen o teu perfil. Deste xeito poderás facer a reserva de aulas para revisións de forma automática.

O código asociado a cada espazo pódese ver na sinalización situada xunto ás portas, ou nos planos dispoñibles sobre o centro na páxina web da EET, no apartado Escoa / Planos e Direccións.

Traballos Fin de Grao

Podes encontrar información xeral sobre os Traballos Fin de Grao na páxina web da Escola (na portada, no apartado dedicado alo grao). Ademáis, podes solicitar ao coordinador ou coordinadora do TFG que che dea de alta no curso “Traballo Fin de Grao” na plataforma Tema, onde encontrarás a información completa.

O calendario de actuacións relacionadas co TFG está dispoñible na web da Escola, e apróbase con periodicidade anual na Comisión Académica do Grao. De forma xeral, haberá dúas convocatorias para propoñer TTFG, unha no mes de xullo para os TTFG do cuadrimestre, e outra en setembro para os TTFG do segundo cuadrimestre.