Coordinación docente

Comisión académica de Mestrado

Os labores de coordinación horizontal e vertical serán realizadas polo coordinador do Mestrado, pola Comisión Académica do Mestrado e polos coordinadores de módulo e especialidade (estas figuras son nomeadas anualmente pola Comisión Académica).

O Coordinador do Mestrado e a Comisión Académica encárganse de que non haxa solapamentos entre as materias. O coordinador de módulo encárgase basicamente da organización secuencial do contido das materias da súa módulo e de organizar as actividades docentes en conexión con todos os profesores que participan nela. Para iso reúnese cos profesores de cada materia para decidir como se vai a impartir, solicitar o material necesario, recompilar os traballos a realizar durante a avaliación continua e as preguntas para o exame final. Unha vez finalizada a materia, o coordinador informa ao coordinador do mestrado e comunícalle as posibles incidencias que haxan ter lugar.

Debido á estrutura do plan de estudos, con catro especialidades, os coordinadores de especialidade cobran especial importancia na coordinación vertical dos contidos e actividades das seis asignaturas (correspondentes a dous módulos diferentes) de que consta cada especialidade.

Ao finalizar cada curso, a Comisión Académica do Mestrado reunirase cos coordinadores de módulo para analizar o transcurso do curso. Analizaranse os métodos empregados e os resultados alcanzados , valorarase a necesidade de realizar modificacións na organización académica, os sistemas de avaliación utilizados, o profesorado do Mestrado, etc. En base a esta información fixaranse os obxectivos para a seguinte edición do mestrado e as actividades a realizar que conformarán o plan de mellora.

Outras comisións de coordinación

Co obxectivo de manter a coordinación adecuada de contidos e metodoloxías para as materias e asignaturas que conforman cada un dos módulos que se imparten no mestrado, creouse unha comisión de coordinación para cada módulo, presidida polo seu coordinador/a. As comisións están formadas por o/a coordinador/a de módulo, os/as coordinadores/as das materias e asignaturas que componen o módulo e, polo menos, un representante da dirección do centro.

Actas das comisións de coordinación