Obxectivos e Competencias

 O Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación ten como obxectivo que os estudiantes adquiran as competencias, habilidades e destrezas que lles permitan:

  • O exercicio da profesión regulada de enxeñaría de telecomunicación (Orde CIN/355/2009, en BOE 9/2/2009).
  • Unha traxectoria profesional exitosa nun mundo interconectado e cambiante onde a enxeñaría de telecomunicación abrangue ámbitos propios e entra de xeito transversal en cualquera sector social e industrial.

O Mestrado proporciona unha formación técnica e académica completa que inclúe a especialización nun área de traballo: Electrónica, Procesado de Sinal, Radiocomunicación e Telemática; conxuntamente coa adquisición de habilidades de comunicación e a experiencia de traballo en equipos multidisciplinares.