Calendario de implantación

Cronograma de implantación da titulación

O primeiro curso do novo título ten prevista o seu implantación o curso 2014/15. Seguindo as recomendacións do documento do Consello Galego de Universidades: ?Liñas xerais a implantación dos Estudos de Grado e Posgrao no Sistema Universitario de Galicia?, e tendo en conta que os recursos humanos e materiais existentes na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación así o permiten, proponse preferentemente a implantación anual curso a curso.

Procedemento de adaptación no seu caso dos estudantes dos estudos existentes ao novo plan de estudos

O acceso ao mestrado está enfocado a titulados en calquera Grado da rama de Telecomunicación, definido segundo a Orde Ministerial CIN/352/2009. Os alumnos da titulación de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo teñen dispoñible un procedemento para a súa adaptación ao plan de estudos do Grado en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, polo que non procede a definición dun proceso de adaptación ao novo Mestrado para estudantes de estudos xa existentes.

Ensinanzas que se extinguen pola implantación do seguinte título proposto

O título de Mestrado proposto substitúe, en canto ás atribucións profesionais que proporciona, á titulación LRU de Enxeñería de Telecomunicación, aprobada por Resolución Reitoral de 08/06/1994 (BOE 23/11/1994). A extinción desta titulación comezou coa implantación do Grado en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, e este proceso estenderase uns anos máis aló do comezo das clases do Mestrado definido nesta memoria. O curso 2013/14, xusto o anterior ao comezo das clases do Mestrado, será o último con docencia no quinto e último curso da titulación LRU. A partir de entón, as actividades desta titulación ata a súa completa extinción serán dous cursos adicionais con convocatorias de exames e tres nos que os alumnos poidan defender o seu proxecto de fin de carreira. Xa que logo, no curso 2016/17 a titulación de Enxeñaría de Telecomunicación estará completamente extinguida.