Xustificación

As titulacións do eido da Enxeñaría de Telecomunicación impártense nun único centro do conxunto das universidades que forman o SUG (Sistema Universitario de Galicia), que é a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

As tecnoloxías da información e as comunicacións, das que a Enxeñaría de Telecomunicación son parte fundamental, constitúen historicamente unha das liñas estratéxicas nos plans galegos de I+D+i, ademais dunha das bases no desenvolvemento e funcionamento diario das actividades das institucións en xeral e das universidades en particular.

A Axencia Galega de Innovación realizou un estudo que identifica aquelas áreas temáticas galegas, con actividade baseada no coñecemento, que son competitivas a nivel internacional. Así, analizando as convocatorias de proxectos colaborativos de I+D+i no plano internacional, caso do Sétimo Programa Marco, podese observar a capacidade de captación de fondos do sistema de I+D+i galego que se amosa na figura:

Justificaion-Figura1

Isto permite identificar as áreas nas que sería recomendable que converxesen os esforzos de innovación en Galicia, ocupando as TIC unha posición prioritaria. Ademais, como tecnoloxía transversal, a potenciación das capacidades TIC en Galicia permitirá intensificar tamén as súas aplicacións noutras áreas destacadas como a pesca, as actividades marítimas e a saúde. Neste sentido, dentro dos grupos de traballo sobre a estratexia RIS3 Galicia que se amosan na figura seguinte cóntase cun grupo específico sobre TIC como tecnoloxía facilitadora.

Justificaion-Figura2

É evidente que tódalas liñas de traballo que emanan da formación dun profesional da Enxeñaría de Telecomunicación encaixan perfectamente coas áreas de traballo ás que apunta o informe de diagnóstico para o grupo de TIC do RIS3.

Por todo o dito, a dispoñibilidade de profesionais graduados en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación resulta de interese estratéxico para a sociedade galega en xeral, e para o SUG en particular.

Unha información más detallada da xustificación e necesidade do título encóntrase nos seguintes enlaces: