Coordinación docente

Normativa sobre coordinación no Grao

Comisión académica de Grao

A Comisión Académica do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación ocuparase, entre outras competencias, de asegurar a adecuada coordinación entre os módulos/materias ao longo de toda a titulación. Con iso perséguese analizar as distintas propostas de mellora, establecer criterios básicos de avaliación e organizar actividades conxuntas que afecten a máis dunha materia, por citar algúns obxectivos concretos. Sobre esta Comisión tamén recaerá a tarefa de xestionar ou informar sobre as validacións de materias para alumnos procedentes doutras titulacións.

A Comisión Académica do Grao está composta por o/a coordinador/a do título, o/a coordinador/a de calidade do centro, o/a coordinador/a de acción titorial, os coordinadores de todos os módulos do grao, un representante do alumnado, e un representante da Área de Xestión Académica do Centro.

Outras comisións de coordinación

Co obxectivo de manter a coordinación axeitada de contidos e metodoloxías para as materias que conforman cada un dos módulos que se imparten no grao, creouse unha comisión de coordinación para cada módulo, presidida polo seu coordinador/a. As comisións están formadas polo/a coordinador/a de módulo, os/as coordinadores/as das materias que compoñen o módulo e, a lo menos, un representante da dirección do centro. Están constituidas as seguintes comisións (indícase o cordinador do módulo):

  • Comisión de Coordinación do Módulo de Formación Básica (Pedro Comesaña Alfaro)
  • Comisión de Coordinación do Módulo de Telecomunicación (Yolanda Blanco Fernández)
  • Comisión de coordinación do módulo de Sistemas Electrónicos (Lucía Costas Pérez)
  • Comisión de coordinación do módulo de Sistemas de Telecomunicación )
  • Comisión de coordinación do módulo de Son e Imaxe (Manuel Á. Sobreira Seoane)
  • Comisión de coordinación do módulo de Telemática (Raúl Fernando Rdguez. Rubio)
  • Comisión de coordinación do Laboratorio de proyectos e Traballo de Fin de Gran (Manuel Caeiro Rodríguez)
  • Comisión de coordinación do gran en inglés ((Marcos Curty Alonso)
  • Comisión de coordinación Xeral (Rebeca P. Díaz Redondo)

O acceso a información, actas e acordos desas comisións é para os membros das mismas a través da páxina de Comisións da EET creada en faitic.uvigo.es

Actas das comisións de coordinación