Redacción do TFM

Redactar un traballo académico é unha tarefa difícil. Un autor debe comprender non só o que escribe, senon quen son os seus posibles lectores, e cómo facerlles chegar de xeito claro a información.

En xeral, a escritura non é un proceso liñal. Máis ben é cíclico, cun resultado final que é producto de sucesivos refinamentos sobre os borradores iniciais. Dado que o texto dun TFM pode ser longo, é necesario na maioría dos casos, antes de lanzarse a redactar, pensar con coidado na estructura e organización xerais do documento. Os supervisores (con maior experiencia coma autores de distintos traballos) poden ofrecer consellos útiles a este respecto, ademáis de servir como primeiros lectores do borrador e axudar a corrixir cuestións de redacción ou de expresión.

 

 

Requisitos TFM

Xerais.

O TFM é obrigatorio para tódolos estudantes do Mestrado, e debe estar relacionado coa formación do estudante no programa. O TFM é un traballo individual.

Idioma.

O TFM preséntase de forma oral e escrita en inglés.

Supervisor académico.

Os supervisores de TFM poden ser: a) profesores do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación; b) profesores da EET; c) con permiso explícito da Comisión Académica de Mestrado, profesores da Universidade de Vigo. Todo TFM debe contar cun supervisor académico. Admítes a co-supervisión de TFM por parte dos profesores do programa.

Desenvolvemento.

El TFM realízase normalmente perante o segundo semestre do segundo ano do Mestrado. Para a defensa é preciso ter superado tódolos créditos do programa.

O proceso.

O TFM comiza ao inicio de cada curso académico, cando o corpo de profesores do Mestrado publica unha lista de temas de traballo para o ano académico. Perante os meses de outubro e novembro, os estudantes poden interesarse polos detalles de cada proposta ou, de xeito alternativo, discutir específicamente con algún supervisor da súa elección unha proposta diferente. Cando as liñas xerais das propostas de TFM estean claras, o/a alumno/a presentará o impreso correspondente de solicitude na secretaría do centro ou directamente ao coordinador/a de TFM.

A asignación de supervisores e estudantes será oficial unha vez sexa aprobada pola Comisión Académica de Mestrado, normalmente no mes de decembro.

Criterios de Avaliación.

The master's thesis is assessed on the basis of set criteria.

Publicación.

As memorias escritas dos TFM publicaránse por defecto, sen prexuizo dos dereitos de autor connaturais, nun repositorio de acceso público: http://eetdocs.uvigo.es

 

Calendario de anteproxectos

Calendario de aprobación de anteproxectos de fin de carreira

 Setembro 2016  Semana do 12 ao 16
Outubro de 2016 Semana do 10 ao 14
Novembro 2016 Semana do 07 ao 11
Decembro 2016 Semana do 28/11 ao 02/12. Última reunión

Profesorado (tódalas titulacións)

 

Filtrar por docencia en titulación: GETT | MET | MUniCS | M2I

 

Antigos profesores

Victoria AbreuVictoria Abreu Sernández

Departamento de Teoría do Sinal.
1991 - 2016

Betty LeónBetty León Fong

Catedrática de Universidade. Departamento de Física Aplicada.
1985 - 2010

Enrique MandadoEnrique Mandado Pérez

Catedrático de Universidade. Departamento de Tecnoloxía Electrónica.
1985 - 2012

Sigfredo PagelSigfredo Pagel Lindow

Departamento de Teoría do Sinal.
1987 - 2007

Anselmo SeoaneAnselmo Seoane Pampín-Montenegro

Departamento de Teoría do Sinal.
1986 - 2013

Enrique SánchezEnrique Sánchez Sánchez

Departamento de Teoría do Sinal.
1986 - 2015

José Manuel SantosJosé Manuel Santos Suárez

Departamento de Enxeñaría Telemática.
1985 - 2015

Xulio Fernández HermidaXulio Fernández Hermida

Departamento de Teoría do Sinal.
- 2019

Alfredo Del Río VázquezAlfredo Del Río Vázquez

Departamento de Tecnoloxía Electrónica.
- 2019

Profesorado (MET)

 

Profesorado (GETT)

 

Plans de Accións de Mellora

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da Universidade de Vigo atópase inmersa nun proceso de mellora continua co fin de asegurar a calidade das titulacións que ofrece mediante procesos continuos de autoavaliación, avaliación externa e acreditación. Os plans de accións de mellora do centro reflicten o progreso das accións de mellora levadas a cabo unha vez identificadas as posibilidades de mellora. Estas accións teñen orixe nos distintos programas de calidade que segue o centro e as súas titulacións con obxecto de conseguir a mellora continua. Estes programas son, basicamente:

  • Seguimento anual das titulacións.
  • Renovación da acreditación das titulacións.
  • Revisión anual pola dirección do Sistema de Garantía de Calidade.
  • Certificación  Fides-Audit do Sistema de Garantía de Calidade.

Estes programas de calidade susténtanse, entre outros, na análise da información de resultados dos títulos e a información recibida pola dirección e as coordinacións de títulos a través das distintas canles do Sistema de Calidade do Centro:

  • Enquisas de Satisfacción das Titulacións
  • Enquisas de Valoración Docente
  • Caixa de correos de queixas, suxestións e felicitacións

Os plans de accións de mellora dos títulos que se imparten no centro e o seu seguimento, atópanse dispoñibles no apartado de "Seguimento de títulos"  e apartado de "Acreditación de títulos".

Os plans de acción de mellora derivados da Revisión Anual pola Dirección e o seu seguimento inclúense a continuación:

Os plans de de accións de mellora derivadas da certificación do Sistema de Calidade do Centro e o seu seguimento, atópanse dispoñibles no apartado de "Certificación Fides Audit".

O documento Resumen de Accións Implantadas no centro resume as accións de mellora xa realizadas e finalizadas no centro e as súas titulacións, e recolle unha breve descrición das accións nas que se está traballando actualmente. Este documento revísase anualmente, unha vez finalizados os seguimentos dos títulos e a revisión anual pola dirección.

 

Resultados

Indicadores Académicos

 
Taxa de rendemento
Taxa de éxito
Taxa de avaliación
2010/2011
38%
48%
79%
2011/2012
46%
59%
78%
2012/2013
52%
61%
85%
2013/2014
56%
67%
83%
2014/2015
59%
69%
86%
2015/2016
57%
68%
84%
2016/2017
56%
69%
81%
2017/2018
55%
69%
80%
 
Taxa de eficiencia
Taxa de graduación
Taxa de abandono
2012/2013
--
--
--
2013/2014
96%
--
--
2014/2015
90%
18%
32%
2015/2016
82%
20%
45%
2016/2017
82%
27%
28%(cursa)
2017/2018
80%
32%
35%(cursa)

 

  • Taxa de rendemento: Relación porcentual entre o número total de créditos superados polo alumnado en relación co número total de créditos matriculados.
  • Taxa de éxito: Relación porcentual entre o número total de créditos superados polo alumnado en relación co número total de créditos presentados.
  • Taxa de avaliación: Relación porcentual entre o número total de créditos presentados en relación co número total de créditos matriculados.
  • Taxa de eficiencia: Relación porcentual entre o número de créditos en que debe matricularse una cohorte en relación co número de créditos efectivamente matriculados (tasa de rendemento dos/as egresados/as).
  • Taxa de graduación: Relación porcentual entre o número de estudiantes dunha cohorte egresados no curso n ou n+1, en relación co número de estudantes de novo ingreso no curso X (sendo n a duración dos estudos).
  • Taxa de abandono: Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso no curso X que non se graduaron e non se matriculan nin no curso X+n nin no curso X+n+1, en relación co número de estudantes de novo ingreso no curso X (sendo n a duración dos estudos).

Perfil actualizado

Resultados

Indicadores Académicos

 
Taxa de rendemento
Taxa de éxito
Taxa de avaliación
2014/2015
95%
98%
97%
2015/2016
91%
97%
94%
2016/2017
85%
97%
88%
2017/2018
82%
96%
85%
 
Taxa de eficiencia
Taxa de graduación
Taxa de abandono
2014/2015
--
--
--
2015/2016
94%
--
--
2016/2017
88%
82%
6%
2017/2018
97%
63%
0%

 

  • Taxa de rendemento: Relación porcentual entre o número total de créditos que foron superados polo alumnado en relación co número total de créditos matriculados.
  • Taxa de éxito: Relación porcentual entre o número total de créditos que foron superados polo alumnado en relación co número total de créditos presentados.
  • Taxa de avaliación: Relación porcentual entre o número total de créditos presentados en relación ao número total de créditos matriculados.
  • Taxa de eficiencia: Relación porcentual entre o número de créditos no que debe matricularse una cohorte en relación ao número de créditos efectivamente matriculados (tasa de rendemento dos/as egresados/as).
  • Taxa de graduación: Relación porcentual entre o número de estudiantes dunha cohorte egresados no curso n ou n+1, en relación co número de estudantes de novo ingreso no curso X (sendo n a duración dos estudos)
  • Taxa de abandono: Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso no curso X que non se graduaron e non se matriculan nin no curso X+n nin no curso X+n+1, en relación co número de estudantes de novo ingreso no curso X (sendo n a duración dos estudos).

Perfil