Matrícula 20/21 (info)

Se es un(ha) estudante de continuación de estudos no GETT, cando realices o proceso de automatrícula ten en conta que:

  • Existen simultáneamente dous planos de estudos, un deles en extinción. Para as materias de primeiro curso do plano en extinción, este curso académico 2020/21 é o derradeiro con oportunidades de avaliación.  A adaptación ao novo plano será obridgatoria en caso de non telas todas superadas ao remate do ano.
  • Implántanse no plano novo o terceiro curso do GETT, tanto na liña en español/galego como na liña en inglés. A estrutura non varía, pero hai algúns cambios de denominación e contidos en algunhas materias da mención de Son e Imaxe.
  • A asignación dos horarios de aula e laboratorio vai ser este ano responsabilidade directa da Dirección da Escola, debido ás estritas circunstancias de saúde pública nas que comezará o curso con docencia presencial. Non haberá, polo tanto, sistema de elección das quendas de laboratorio.

Se tes calquera consulta relacionada coa organización da titulación, diríxete a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para recibir máis información.

Moitas gracias e benvido/a ao curso 2020/21.