tsescorts.com

Xunta de escola

A Xunta de Escola é o órgano colexiado de representación e de decisión do Centro, coas atribucións que lle son atribuídas polos estatutos da Universidade de Vigo, e polo Regulamento de Réxime Interno aprobado no Centro.

Competencias

Son competencias da Xunta de Escola:

  • A elaboración, aprobación e modificación da proposta do seu regulamento de réxime interno.
  • A elección e revogación do director ou directora.
  • A aprobación da proposta de distribución do presuposto anual do centro e da súa execución.
  • A implantación e seguimento dos plans de estudos.
  • O coidado do bo funcionamento de todos os órganos e servizos do centro.
  • A resolución de conflitos que se poidan producir no  centro.
  • A promoción e ordenamento da realización de proxectos de fin de carreira, as ensinanzas e actividades complementarias esixidas para obter os títulos.
  • A proposición e aplicación das normas de selección de estudantes e a valoración do seu rendemento e aproveitamento.
  • A preparación e coordinación, de modo eficaz e adecuado, do horario das distintas materias, cursos monográficos, cursos de especialización, probas parciais e finais, distribución de aulas e servizos e ensinanzas complementarias, así como a habilitación de medidas de control do cumprimento das obrigacións docentes.
  • A coordinación con outros centros para facilitar a elección por parte do alumnado das materias de libre configuración do seu currículo.
  • A distribución dos espazos que lle sexan asignados.

Composición

A Xunta de Escola está formada polo director ou directora, que a preside, e polo seguinte conxunto de membros adscritos ó centro:

  • O equipo directivo.
  • Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que constituirá o 51% da Xunta de Escola.
  • Unha representación do persoal docente e investigador sen vinculación permanente á Universidade, que corresponderá ó 9% da Xunta de Escola. En calquera caso, polo menos o 80% corresponderá ao persoal docente e investigador con dedicación a tempo completo.
  • Unha representación do alumnado, que constituirá o 30% da Xunta de Escola.
  • Unha representación do persoal de administración e servizos, que constituirá o 10% da Xunta de Escola.

Os membros electos da Xunta de Escola serán renovados cada dous anos.

Membros actuais

Actas e outra documentación