tsescorts.com

Comisións delegadas da Xunta de Escola

A misión das comisións delegadas da Xunta de Escola é preparar as decisións da mesma a través do estudo e informes previos dos asuntos correspondentes ós seus eidos de competencia. Estas Comisións delegadas terán carácter consultivo, excepto en aqueles casos nos que a Xunta de Escola, mediante acordo expreso, lles outorgue competencias executivas.

Actualmente, existe unha comisión delegada da  Xunta de Escola:

  • Comisión Permanente

Composición

As Comisións estarán compostas por membros natos e membros electos. Os segundos serán escollidos (anualmente, e por sufraxio universal) separadamente en cada un dos sectores da Xunta de Escola (PDI funcionario, PDI non funcionario, estudantes e Persoal de Administración e Servizos), por entre os membros da Xunta de Escola. A Comisión Permanente estará integrada por:

  • O/A Director/a, que a convocará e presidirá, ou a persoa na cal delegue.
  • O/A Secretario/a da Escola, que o será tamén desta Comisión, con voz pero sen voto.
  • Os/As Subdirectores/as con voz pero sen voto.
  • Dez profesores PDI funcionario.
  • Dous profesores PDI non funcionario.
  • Seis estudantes.
  • Dous membros do Persoal de Administración e Servizos.

Membros actuais

Actas e outra documentación