tsescorts.com

Comisións académicas

CA Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

A comisión académica do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación ocúpase, entre outras competencias, de garantir a adecuada coordinación entre os módulos/materias ó longo de toda a titulación. Con isto perséguese a análise das distintas propostas de mellora, establecer criterios básicos de avaliación e organizar actividades conxuntas que afecten a máis dunha materia, por nomear algúns obxectivos concretos. Sobre esta comisión tamén recae a tarefa de xestionar e informar sobre as validacións das materias para o alumando procedente de outras titulacións.

A comisión estará presidida polo/a Coordinador/a do Grao, e terá como membros natos ós/ás coordinadores/as dos módulos, Prácticas Externas e Traballo Fin de Grao, o/a coordinador/a do Plan de Acción Titorial do Centro, e o/a coordinador/a de Calidade da Escola.

Membros

Actas e outra documentación

CA Máster en Enxeñaría de Telecomunicación

Os labores de coordinación horizontal e vertical serán realizadas polo coordinador do Máster, pola Comisión Académica do Máster e polos coordinadores de módulo e especialidade (estas figuras son nomeadas anualmente pola Comisión Académica).

O coordinador do Máster e a Comisión Académica encárganse de que non se produzan solapamentos entre as materias. O coordinador de módulo encárgase basicamente da organización secuencial do contido das materias do seu módulo e de organizar as actividades docentes en conexión con todos os profesores que participan nela. Para iso reúnese cos profesores de cada materia para decidir como se vai a impartir, solicitar o material necesario, recompilar os traballos a realizar durante a avaliación continua e as preguntas para o exame final. Unha vez finalizada a materia, o coordinador informa ao coordinador do Máster e comunícalle as posibles incidencias que tiveran lugar.

Debido á estrutura do plan de estudos, con catro especialidades, os coordinadores de especialidade cobran especial importancia na coordinación vertical dos contidos e actividades das seis materias (correspondentes a dous módulos diferentes) de que consta cada especialidade.

Ao finalizar cada curso, a Comisión Académica do Máster reunirase cos coordinadores de módulo para analizar o transcurso do curso. Analizaranse os métodos empregados e os resultados alcanzados , valorarase a necesidade de realizar modificacións na organización académica, os sistemas de avaliación utilizados, o profesorado do máster, etc. En base a esta información fixaranse os obxectivos para a seguinte edición do máster e as actividades a realizar que conformarán o plan de mellora.

Membros

Actas e outra documentación

CA Máster en Ciberseguridade

Membros

Actas e outra documentación

CA Máster en Enxeñaría Matemática

Actas e outra documentación

CA Máster en Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións (extinguida)

Actas e outra documentación

CA Máster en Enxeñaría Telemática (extinguida)

Actas e outra documentación

CA Máster en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética (extinguida)

Actas e outra documentación

CA Máster en Teoría do Sinal e Comunicacións (extinguida)

Actas e outra documentación