Covid-19
CURSO 2020/21, NORMAS COVID-19 (Resumo)
- Antes e despois de cada clase, lava as mans con auga e xabón como mínimo durante 40-60 segundos ou utiliza as solucións alcohólicas dispoñibles nas aulas.
- Mantén a máscara posta todo o tempo.
- Mantén abertas as ventás (nas aulas, laboratorios e corredores) e a porta da túa clase ou laboratorio todo o tempo, para garantir unha ventilación continuada dos espazos.
- Lava as mans ao chegar á Escola e antes de comer ou beber.
- Laboratorios: O alumnado cada día ao finalizar as prácticas limpará o seu posto e aqueles equipos e material utilizado, desinfectándoo con panos ou toallas humedecidas con desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidad que terán dispoñibles no laboratorio ou taller, a continuación lavarase as mans con auga e xabón. Será obrigación do profesorado incluír no protocolo das prácticas a limpeza das mesmas por parte dos alumnos ó finalizar a sesión e ó principio da seguinte práctica. Ao rematar a práctica incluíndo a limpeza da mesma, porase unha sinal como identificador que poderá ser adhesivo verde, un cartel, etc.. Se o equipo seguinte que vai a traballar en esa práctica non identifica o sinal, deberá limpar o equipo antes de iniciala."
Protocolo de actuación ante a aparición de casos sospeitosos de COVID-19, Universidade de Vigo: descargar.
Plan de prevención e control sanitario fronte á COVID-19 para o curso 2020-2021 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación: descargar.
Profesor encargado do COVID na EET: Miguel Ángel Domínguez
Sala COVID na EET: Sala de reunións anexa ao salón de graos.
En caso de síntomas COVID: chamar a conserxería da EET, 986-812100.
Info da UVigo sobre COVID-19: