Plans de Accións de Mellora

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da Universidade de Vigo atópase inmersa nun proceso de mellora continua co fin de asegurar a calidade das titulacións que ofrece mediante procesos continuos de autoavaliación, avaliación externa e acreditación. Os plans de accións de mellora do centro reflicten o progreso das accións de mellora levadas a cabo unha vez identificadas as posibilidades de mellora. Estas accións teñen orixe nos distintos programas de calidade que segue o centro e as súas titulacións con obxecto de conseguir a mellora continua. Estes programas son, basicamente:

  • Seguimento anual das titulacións.
  • Renovación da acreditación das titulacións.
  • Revisión anual pola dirección do Sistema de Garantía de Calidade.
  • Certificación  Fides-Audit do Sistema de Garantía de Calidade.

Estes programas de calidade susténtanse, entre outros, na análise da información de resultados dos títulos e a información recibida pola dirección e as coordinacións de títulos a través das distintas canles do Sistema de Calidade do Centro:

  • Enquisas de Satisfacción das Titulacións
  • Enquisas de Valoración Docente
  • Caixa de correos de queixas, suxestións e felicitacións

Os plans de accións de mellora dos títulos que se imparten no centro e o seu seguimento, atópanse dispoñibles no apartado de "Seguimento de títulos"  e apartado de "Acreditación de títulos".

Os plans de acción de mellora derivados da Revisión Anual pola Dirección e o seu seguimento inclúense a continuación:

Os plans de de accións de mellora derivadas da certificación do Sistema de Calidade do Centro e o seu seguimento, atópanse dispoñibles no apartado de "Certificación Fides Audit".

O documento Resumen de Accións Implantadas no centro resume as accións de mellora xa realizadas e finalizadas no centro e as súas titulacións, e recolle unha breve descrición das accións nas que se está traballando actualmente. Este documento revísase anualmente, unha vez finalizados os seguimentos dos títulos e a revisión anual pola dirección.