Sistema de garantía de calidade

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da Universidade de Vigo atópase inmersa nun proceso de mellora continua co fin de asegurar a calidade das titulacións e servizos que ofrece á sociedade mediante procesos continuos de autoavaliación, avaliación externa e acreditación. Esta mellora continua organízase baixo o abeiro do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da EET, certificado FIFES-AUDIT dende do 2013. O SGC permite ao centro traballar de maneira sistemática e estruturada dentro dun ciclo de mellora continua sustentado en catro accións básicas: planificar, desenvolver, analizar e actuar (mellorar).

Os distintos programas de calidade que segue o centro e as súas titulacións con obxecto de conseguir a mellora continua son, básicamente:

Seguimento anual das titulacións.
Renovación da acreditación das titulacións.
Modificación das titulacións.
Certificación Fides-Audit do Sistema de Garantía de Calidade.

Estes programas de calidade susténtanse, entre outros, na análise da información de resultados dos títulos e a información recibida pola dirección e as coordinacións de títulos a través das distintas canles do Sistema de Calidade do Centro:

• Enquisas de Satisfacción das Titulacións
• Enquisas de Valoración Docente
• Caixa de correos de queixas, suxestións e felicitacións

Os seguintes documentos constitúen a documentación básica do SGC da EET: