tsescorts.com

Queixas, suxestións e parabéns

Finalidade

Os formularios de queixas, suxestións e parabéns teñen por obxectivo recolle-las manifestacións de satisfacción ou insatisfacción dos distintos grupos de interese vencellados á EET ou presentar iniciativas de mellora da calidade no Centro.

As queixas, suxestións e parabéns poden enviarse de xeito anónimo. Se o usuario ou usuaria desexa unha resposta deberá facilitar un correo electrónico ou os datos necesarios para unha resposta por correo ordinario. O prazo de resposta será como máximo de 15 días hábiles.

Definicions de interese

  • Suxestións. Presentarase unha suxestión cando se desexe propoñer unha iniciativa de mellora da calidade na EET.
  • Queixas. Presentarase unha queixa cando se desexe poñer de manifesto a insatisfacción con algún servizo do centro ou a existencia dalgún problema relacionado coa EET. Haberá dous tipos de queixas:
    • Queixas sobre aspectos xerais.
    • Queixas relacionadas específicamente coas actividades docentes (por exemplo, ausencia do profesorado ou incumprimiento de titorías).
  • Parabéns. Presentarase un parabén cando se desexe expresar agradecemento respecto a algún servizo prestado polo centro.
  • Reclamacións. É necesario presentar unha reclamación, sen exclusión doutros motivos, nos seguintes casos:
    • Solicitude individual de cambio da data dun exame por causas de forza maior (consultala Normativa de Exames da EET).
    • Solicitude de revisión de exame por un tribunal, trala publicación das notas definitivas (consultala Normativa de Exames da EET).

Canles

Pode acceder á Folla de Queixas Suxestións e Parabéns dende esta páxina, e presentala telematicamente. A canle para facer chegar ao Equipo Directivo unha Reclamación debe ser:

Observacións

  • Non serán atendidas aquelas queixas ou suxestións nas que se advirta abuso de dereito ou carencia de fundamento.
  • As reclamacións deben ser presentadas por escrito no Negociado de Asuntos Xerais da escola, onde se lles dará rexistro de entrada. As reclamacións deben estar firmadas polo/los interesados.

Mais información

Para mais información, incluido o informe anual do sistema de Queixas, Suxestións e Parabéns da Universidade de Vigo, pódese consultar o seguinte enlace web: https://www.uvigo.gal/universidade/calidade/programas-calidade/sistema-qsp

Proceso de xestión de queixas, suxestións e parabéns (aprobado en Xunta de Escola, 11 de marzo de 2015)

O Informe Anual de Revisión pola Dirección recólle os datos e a análise das Queixas, Suxestións e Parabéns recibidas en cada curso académico.