Accesibilidade

A accesibilidade dun sitio web significa tratar de reducir ao mínimo, as barreiras físicas e sociais que impiden a moitas persoas utilizar adecuadamente os servizos e contidos que se ofrecen na web.

Hai moitas razóns polas que as páxinas dos portais web deben garantir que calquera usuario poida acceder á información dun sitio web, considerándose éste accesible cando calquera persoa sexa quen de utilizar e comprender os seus contidos, con independencia das súas limitacións físicas, psicolóxicas ou de calquera outra índole, como poden ser as características do seu dispositivo tecnolóxico, ou do entorno ambiental a traverso do que accedan á web.

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo está traballando para que os contidos amosados na súa web sexan accesibles para calquera cidadán, independientemente das súas condicións físicas, psíquicas ou tecnolóxicas, dacordo coa norma UNE 139803:2012 e as directrices da WAI (Web Accesibility Inicitative). Esta norma está baseada nas Pautas de Accesibilidad para o Contido Web WCAG 2.0 da Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Consortium.

Entre as pautas básicas marcadas como obxectivos a cumprir a curto prazo para mellorar a accesibilidade e usabilidade da web tanto para usuarios discapacitados como para aqueles que non o sexan, atópanse as seguintes:

  • Imáxes: proporcionar un texto alternativo que describa a imaxe (agás para aquelas que sexan de tipo decorativo).
  • Cores: tratar de que a información sexa independente da cor. Acadar tamén o suficiente contraste de cores para facilitar a lectura.
  • Estructura: organizar e estructurar as páxinas de modo que se poidan ler correctamente sen follas de estilo, ou a traverso de dispositivos especiais (como por exemplo navegadores por voz, PDAs…).
  • Linguaxe: utilizar unha linguaxe clara e sinxela para unha mellor comprensión e para facilitar a lectura no monitor do ordenador.
  • Tamaño do texto: As fontes utilizadas teñen dimensións relativas, de forma que o usuario pode controlar o seu tamaño dende o navegador que estea a utilizar.
  • Ligazóns: trátase de que todos os textos utilizados para enlazar contidos teñan sentido ao lelo fóra de contexto. Cando as páxinas enlazadas sexan páxinas externas á Universidade, abriránse en fiestras novas para impedir que se perda a navegación. Nos casos nos que a ligazón abra un arquivo na web, notificaráde o tipo de documento e o peso do mesmo.
  • Organización: cada páxina está organizada dun xeito claro e estructurado para mellorar a navegación e aportar usabilidade.

Aínda estamos en proceso de adaptación completa a estas normas. Validamos que parte dos contidos son conformes ao nivel AA, pero asumimos o compromiso de seguir traballando para mellorar a accesibilidade de toda a web. Invitámolo a enviarnos os seus comentarios, suxestións ou queixas sobre as condicións de accesibilidade da web da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a traverso do formulario de Queixas, Suxestións e Felicitacións desta páxina.