Biblioteca

Constitúe un dos puntos de servizo da Biblioteca Universitaria de Vigo (BUV), integrada no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGalicia). Todos os membros da Comunidade Universitaria poden facer uso dela.

Horario

  • De luns a venres, de 08.30 h. a 20.45 h.
  • En xullo, agosto, e vacacións de Nadal, redúcese o horario.

Tematicamente, os seus fondos de libros, revistas, vídeos, casetes, CDROMs, etc., cobren as necesidades de información na docencia e investigación da Enxeñería de Telecomunicación, e seguen unha clasificación temática segundo a “Nomenclatura Internacional da Unesco para os campos de ciencia tecnoloxía”. A maioría dos libros están en andéis de libre acceso, excepto algunhas materias, menos consultadas, que se atopan no depósito. As revistas están colocadas por número de publicación no depósito. Os vídeos, casetes, CD-ROMs, etc. deben ser solicitados no mostrador de préstamo.

A Biblioteca dispón de dous postos de consulta do catálogo, dous postos de navegación por Internet e 236 postos de lectura. Tamén dispón de sete salas de traballo en grupo para profesorado e alumnado, que é preciso reservar previamente.

Datos de contacto

Biblioteca
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Rúa Maxwell s/n
Campus Universitario Lagoas - Marcosende
36310 Vigo (Pontevedra) - España

Posto
Nome
Teléfono
Correo Electrónico
Técnico especialista de biblioteca
Mª Agustina Parcero Pereira
+34 986812105
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Técnico especialista de biblioteca
María José Salgado García
+34 986812105
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Técnico especialista de biblioteca
Joaquín Cores Otero
+34 986812105
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.